venres, 17 de agosto de 2012

unha noite no muíño 2012


Lugar: Muíño do Rubio na Fervenza de Ouzande.
Hora: 10 da noite.
Motivo: Pasalo ben.
Hai que levar a cea, ganas de festa e, se tés, algún instrumento musical. Imprescincible lanterna para o camiño. Calquera cousa pode acontecer.



o vídeo dos xogos oulímpicos Ouzande 2012

Na páxina O CAMIÑO DE BALDOSAS AMARELAS publicouse esta interesante crónica audiovisual sobre os III Xogos Oulímpicos Ouzande 2012

imaxes III xogos oulímpicos ouzande 2012


O pasado domingo, 12 de agosto, tivo lugar a terceira edición dos Xogos Oulímpicos, Ouzande 2012. A actividade comezou, no campo da festa, ás 18:00 coa inscrición dos pequenos deportistas, que acadaron os corenta participantes. Ás 18:30 horas comezou o desfile oulímpico, que rematou co acendido da chama oulímpica e a promesa oulímpica dos participantes. A seguir os cinco grupos de rapaces e rapazas foron realizando as diferentes probas preparadas: ximcarreta, 100 metros pavón, baloncegho, levantamento de carozo e baixada de augas mansas. Numeroso público seguiu o desenvolvemento das probas nas que os participantes puseron todo o seu empeño e moito sentido do humor. Rematadas as probas oficiais, os participantes puideron compartir cos máis maiores as probas das biciclentas e os saltos sincronizados que fixeron as delicias dos asistentes. Antes da entrega das medallas, o COU (Comité OUlímpico) decidiu outorgar diferentes premios aos grupos participantes: Cooperación, Deportividade, Esforzo, Simpatía e Superación. Como final de festa todos os participantes recibiron a súa medalla oulímpica e coroa de loureiro, así como un adhesivo de recordo da súa participación nos xogos.Tamén levaron un adhesivo de recordo da súa participación nestes xogos.

martes, 14 de agosto de 2012

así preparamos os xogos oulímpicos 2012

Aí quedan algunhas imaxes da preparación dos Xogos Oulímpicos Ouzande 2012. Moitas horas de traballo e compañeirismo.

mércores, 8 de agosto de 2012

III XOGOS OULÍMPICOS OUZANDE 2012


O próximo domingo día 12 de agosto, coincidindo coas Festas de San Lourenzo, a AC A Fervenza de Ouzande organiza os terceiros “Xogos Oulímpicos”, a partir das 6 da tarde no Campo da Festa. A actividade destinada a público de todas as idades constará dos seguintes xogos e deportes
Baixada de augas mansas 
Levantamento de carozo 
100 metros pavón 
Baloncegho 
Xincarreta 
Biciclentas 
Saltos sincronizados 

Horario: 
18:00 Inscricións (Gratuita) 
18:30: Recibimento do Fachico Oulímpico e Desfile Oulímpico con todos os participantes 
19:00. Probas Oulímpicas. 
 20: 30: Entrega de medallas e coroas oulímpicas. 
Haberá Bebedeiro Oulímpico para os participantes

mércores, 1 de agosto de 2012

así foi o lumeiro 2012

Un ano máis a AC A Fervenza de Ouzande celebrou a noite máxica do lumeiro. A xornada comezou pola tarde cando os máis pequenos prepararon o home do saco para ser queimado e foron buscar sabugueiro, anís, romeu, madreselva, herba luísa, macela silvestre e outras herbas para facer a auga de flores, que despois da medianoite os asistentes puideron levar para as súas casas.

Xa de noite un grupo dunhas setenta persoas achegouse ao campo da festa para poder asar nas brasas os ricos chourizos asados con espetos de loureiro. Despois da cea, os participantes escribiron en cadanseu papel todo o que desexaban queimar no lume. A continuación, encabezados polos gaiteiros de Retrouso dirixíronse en procesión cara a fogueira para prenderlle lume, e botar no mesmo ao home do saco. A velada continuou con festa e música ata altas horas da madrugada.