mércores, 25 de febreiro de 2009

imaxes antroido 09

Aí quedan unhas imaxes do antroido en Ouzande. Os cegos cantaron as súas coplas acompañados por unha comparsa de disfraces que percorreron a parroquia na carroza do antroido eleitoral


E tamén un video dos cegos cantando un anaco das coplas na taberna de Ouzande. As coplas podelas ler picando nos comentarios.

2 comentarios:

  1. ANTROIDO 09 en Ouzande

    Xentes todas de Ouzande,
    veciños deste lugar,
    escoitade as verbas do antroido,
    que por boca dos cegos vai falar.

    Este ano vimos probes
    por causa dalgúns aproveitados,
    que gastaron todo o diñeiro,
    destes cidadáns coitados.

    Seica estamos en crise
    e cada vez hai máis paro,
    os cartos van a menos,
    dánllelo todo aos bancos.

    Quéreno gardar pra eles
    xa non prestan nada,
    a cada vez máis miseira,
    mira que che hai moita cara.

    Seica vos están os políticos,
    pra amañar este sarillo,
    nos que mandan mais nos outros
    tamén vos hai moito pillo.

    O domingo hai eleicións
    imos ver quen as gana,
    andan a pelexar pra que lles votes,
    Feijó, Touriño e mais Quintana.

    Todos prometen moito
    e se cadra non fan nada
    a ver se lle pasa o mesmo
    ao que manda no mundo, señor Obama.

    Cantas veces nos prometeron
    as aceras para Ouzande,
    agora vanas facer a medias,
    non vin trapallada tan grande.

    Enganaron aos de Ouzande
    pensamos que eran de verdá,
    que iría ata a igrexa,
    e nin chegan á mitá

    Señores e señoras do Concello,
    do goberno e a oposición,
    un pouco de sentidiño
    que o pobo non é papón.

    Por se ben non entenderon,
    outra vez llelo repetimos:
    queremos ben as beirarrúas,
    menos non o permitimos.

    O Antroido xa falou,
    e os cegos xa marchamos,
    para merendar todos
    as 8 no local nos xuntamos.

    E viva Antroido!!!

    ResponderEliminar
  2. Boisimo,pasachedelo de medo...de bo seguro que si. Saúdos e apertas a moreas, non perdades todo o bo humor que tedes :) SAúdos

    ResponderEliminar