A Fervenza de Ouzande continua co seu programa de actividades de primavera e dá comezo a un mes de maio repleto de actividades.
A
primeira será a presentación dun novo libro do escritor ouzandés
afincado en Madrid, Manuel Pereira Valcárcel. Trátase dunha nova
proposta poética baixo o título Albas e epílogos.
A presentación
terá lugar o próximo venres 4 de maio ás 20:30 horas no Local Social de
Ouzande. Ademais do autor, que falará da súa obra e recitará algúns dos
seus poemas, contaremos coa presenza da escritora estradense Nieves
Soutelo, que fará a presentación do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario