O pasado 26 de setembro a Asociación presentou a súa programación do novo curso 2015-2016.
Os horarios e docentes serán os seguintes:
SÁBADOS
Mañá:
10:30 a 11:30 ACORDEÓN.
Profesor: Marcos Varela.
11:30 a 12:30 GAITA (INICIACIÓN)
Profesor Marcos Varela.
12:30 A 13:30 GAITA (Perfeccionamento) Profesor Marcos Varela.
10:30 a 11:30 TAMBORIL (INICIACIÓN) Profesor Xosé Martíns, Fofi
11:30 a 12:30 TAMBORIL. (Perfeccionamento) Profesor Xosé Martíns, Fofi
Tarde:
17:30 a 19:00 PANDEIRETA (INICIACIÓN) . Profesora Silvia Martínez
18:30 a 20:00 PANDEIRETA (Perfeccionamento) Profesora Silvia Martínez
20:30 a 22:00 BAILE. Profesora Silvia Martínez
Noite:
22:00 a 23:00 CANCIÓNS TRADICIONAIS Profesor Marcos Varela.
AS CLASES DARÁN COMEZO O PRÓXIMO SÁBADO 3 DE OUTUBRO NO LOCAL SOCIAL DE OUZANDE
Aínda quedan prazas libres.
As persoas interesadas poden achegarse no horario indicado arriba ou a través do correo carreirosouzande@gmail.com
Aí quedan as imaxes da presentación
luns, 28 de setembro de 2015
martes, 22 de setembro de 2015
A VIII Fervenza de Músicas en Imaxes. 2015
Aí quedan as mellores imaxes dunha noite de festa e música con Tequexetéldere, Sonche Lerias, Nai, Retrouso e Recanto. Foi o 11 de setembro de 2015 nas Festas do Socorro de Ouzande.
venres, 18 de setembro de 2015
bailas? clases de música e baile tradicional en Ouzande. Curso 2015-16
BAILAS? 2015-2016
CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL E CANCIÓNS TRADICIONAIS
Dan
comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas
interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 26 de SETEMBRO no local do campo da festa ás 17:30 da tarde.
Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS, OS SÁBADOS POLA NOITE.
As clases comezarán o PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE OUTUBRO
Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS, OS SÁBADOS POLA NOITE.
As clases comezarán o PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE OUTUBRO
Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.
mércores, 9 de setembro de 2015
Os grupos da VIII FERVENZA DE MÚSICAS. OUZANDE 2015
A AC A Fervenza
de Ouzande presenta a oitava edición da FERVENZA DE MÚSICAS, dirixida
especialmente á promoción e divulgación da nosa música, tal como ven facendo
desde a súa fundación, a través do desaparecido festival Músicas da Terra, ata
2007, ou coas clases de música tradicional que se desenvolven no local social
de Ouzande e nas que máis de 60 persoas participan cada ano.
A iniciativa, xa
consolidada, cumpre o obxectivo fundamental de posibilitar o intercambio
cultural e musical con outras iniciativas e grupos semellantes, achegando
agrupacións da comarca e de comarcas próximas. Trátase de agrupacións de música
tradicional e popular pero con formas ben distintas de achegarse á musica
galega deste tipo, dando mostra da riqueza e variedade da mesma, obxectivo que
tamén está nas nosas intencións.
Tamén está nas
motivacións da actividade o feito de incluír no programa das festas parroquiais
(Festas do Socorro de Ouzande) unha actividade musical diferente nas que a
música tradicional e popular teña cabida e sexa a principal protagonista.
As actuacións dos
grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o
público, tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas
tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes.Terá lugar o próximo venres, 11 de setembro no Campo da Festa de Ouzande a partir das 10 da noite.
GRUPOS CONVIDADOS
Tequexetéldere (A
Estrada)
A charanga de Tequexetéldere, sae da
agrupación do mesmo nome, fundada na Estrada eN 1990.
Nos seus comezos o corpo instrumental
estaba composto por dúas gaitas tambor e bombo, pero dende hai uns 10 anos fóronselle
sumando máis instrumentos: pratos para o bombo, acordeón, clarinete e saxofón.
O seu repertorio está baseado en pezas
de baile, jotas, muñeiras, pasodobres, balses, rumbas e todas recollidas en
terras galegas.
Na actualidade está composta por 7
músicos, e nos últimos tempos estiveron tocando por terras italianas e belgas.
É a primeira vez que a agrupación
participa no certame musical ouzandés.
Nai (Santiago)
O grupo NAI xorde no 2014 coa
intención de homenaxear á muller en calquera das súas
facetas e tamén as súas emocións e os seus sentimentos. Con este propósito
cantámoslle á falta de liberdade, á dor, ao desamor, á maternidade, ao
maltrato, á perda dun amor (...) ben a través da música ou ben a través da
poesía.
Os seus compoñentes actuais son:
Marcos Varela.Compositor,
arranxos, acordeón, gaita e piano.
Xosé Martíns. Letrista, percusión,
gaita e voz.
Patricia Quintela. Acordeón e voz.
Alberto Aneiros. Clarinete e
arranxos.
Musicalmente nútrense de pezas do
repertorio popular galego, do cantautor portugués Zeca Afonso e da música
popular do seu país; todos eles arranxados dende o seu punto de vista. Tamén inclúen
algunhas composicións de Marcos Varela, compoñente da formación.
“E preguntarédesvos.... Por que NAI?
Pois évos bastante sinxelo, non son as
siglas de ningunha asociación. Escollimos o nome polo feito de ser unha faceta
da muller que todos coñecemos posto que, ainda que non sexa a biolóxica, todos
temos unha nai ou unha persoa que identificamos con esa faceta ao escoitar este
sustantivo.”
Ésta orinal proposta, tamén se
presenta por primeira vez en Ouzande, despois de teren actuado en diversos
escenarios do país.
Sonche lerias (San
Xián de Sales_Vedra)
Formación de música tradicional
xurdida no veciño concello de Vedra, a raíz das clases de gaita iniciadas no
ano 2011.
Trátase dunha completa formación, composta
por 14 persoas, de todas as idades que basea o seu repertorio na música
tradicional e popular galega.
Preséntanse por primeira vez neste
festival, despois de teren actuado en foliadas e festas como a Fía de Trazo ou
no Folk in Rio de Trazo.
Retrouso (Ouzande)
Fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse
nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais
como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raíz, de Callobre;
as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O ano 2012 presentou o
seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da
música tradicional. Preparan a gravación do seu segundo traballo.
Recanto (Ouzande)
Agrupación dunha vintena de veciños e
veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que
xurdiu a raíz das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de
Ouzande desde o ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, ese mesmo
ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, e participou en foliadas e
certames de cantos de Taberna en Trazo, Arzúa ou Santo André de Vea.
Cómpre subliñar
que esta actividade se realiza cos recursos propios da Asociación, así como a
colaboración da Xunta Parroquial de Ouzande, e sen ningún tipo de subvención
das entidades públicas oficiais. Neste sentido, queremos agradecer publicamente
a boa disposición de grupos e músicos convidados, que sumarán perto de medio
cento de persoas.
Ao mesmo tempo
convidamos a todos e a todos os veciños da Estrada e a súa contorna a traer os
seus instrumentos musicais, para poñer remate á festa como é debido.
TAMÉN HABERÁ UN
STAND DA ASOCIACIÓN NO QUE SE PORÁN Á VENDA AS CAMISETAS OFICIAIS DESTE ANO 2015
CO DESEÑO “SEGUIMOS TECENDO”
luns, 7 de setembro de 2015
VIII Fervenza de Músicas en Ouzande
AC A Fervenza de Ouzande
FERVENZA DE MÚSICAS.
VIII FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL EN OUZANDE
Os grupos convidados este ano son:
Tequexetéldere (A Estrada)
Nai (Santiago)
Sonche Lerias (Vedra)
Retrouso(Ouzande)
Recanto (Ouzande)
Servizo de bar, polbo e churrasco.
Posto de venda de camisetas da Asociación.
Representantes da Directiva da Asociación presentando o cartel e lucindo as camisetas "seguimos tecendo"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)