sábado, 24 de setembro de 2022

VOLMEMOS. CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN OUZANDE



VOLVEMOS

Despois de dous cursos de parada forzosa, volvemos.

Dan comezo as clases do curso 2022-2023. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 1 de OUTUBRO no local do campo da festa ás 19:00 da tarde.

Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA e BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de GAITA E PERCUSIÓN, que se celebrarán os sábados pola mañá. 

As clases comezarán o 8 DE OUTUBRO

ACTUALIZAMOS!!!
Incorporamos unha nova disciplina á nosa oferta! Recuperamos as clases de CANTO!!! Se estás interesado/a, ven á reunión do sábado 1 de outubro.

CONTACTO: carreirosouzande@gmail.com e www.facebook.com/afervenza.deouzande