xoves, 31 de decembro de 2015
Resume Clases de Música, Canto e Baile. Curso 2025.16
Máis de 50 persoas asisten, todos os sábados, ás clases de acordeón, gaita, tamboril, pandeireta, baile e canto tradicional que organiza a Asociación. Sirvan estas imaxes de testemuño da banda sonora de Ouzande todos os sábados.
mércores, 30 de decembro de 2015
as fotos da VI Feliz Ruta de Nadal.
Aí quedan as imaxes de máis de 11 km de ruta, conversa e alegría da mañá do día de Nadal de 2015. Polos montes de Ouzande, A Somoza e Ferreiros.
xoves, 17 de decembro de 2015
ATRÉVESTE?
O próximo venres 25 de decembro, a AC A Fervenza de Ouzande inicia o co seu programa de Actividades do Inverno coa convocatoria da SEXTA edición da Ruta de Nadal. Na mesma percorreremos o Roteiro dos Montes da Somoza e Ferreiros.
A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente. Disfrutaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa.
A actividade é gratuíta.
Hora de saída: 10:15, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:15 ao mesmo sitio.
11 km. Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.
A ruta só se suspenderá se as condicións climatolóxicas impiden o súa realización.

LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que
históricamente sempre existiu unha grande relación entre os seus
habitantes e os veciños de Ouzande.
-Congostra dos lobos. Para chegar a Ferreiros utilizaremos antigas sendas
que eran utilizadas polos veciños de ambas parroquias, e sobre as que
aínda hoxe se escoitan moitas historias de lobos.
-Fervenza e muíños de Ouzande. Contorno de 7 muiños e un pozo. É unha
zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies
autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación dos
cursos fluviais, salgueiros, ameneiros...).
-No
transcurso da ruta atravesaremos varias masas de bosque autóctono
con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros, e vexetación de
ribeira, á beira dos numerosos regatos que cruzaremos no percorrido.
Aí queda o mapa co percorrido que realizaremos:
As fotos do BRINCACONTOS en Ouzande
Aí quedan as imaxes da representación da obra BRINCA CONTOS de Andaravía Teatro que
tivo lugar o domingo 13 pola tarde no Local Social de Ouzande. Este, habilitado
nesta ocasión como sala teatral, acolleu un bo número de asistentes de
todas as idades, que disfrutaron dunha familiar tarde de teatro, e na
que o elenco vedrés por fin nos desvelou o rico sabor do "mexunxe
marrón" que repartiron entre os asistentes en ricos bocadillos. Aplausos
para todos, risas e mesmo algúns pavorosos momentos, deixaron un
sorriso entre os asistentes.
sábado, 5 de decembro de 2015
ANDARAVÍA TEATRO NO LOCAL SOCIAL DE OUZANDE
TEATRO PARA TODOS OS PÚBLICOS NO LOCAL SOCIAL DE OUZANDE
O
próximo domingo, 13 de decembro, ás 18 horas, pecharase o ciclo de
actividades de Outono cunha actividade teatral para público de todas as
idades. Trátase da obra Brinca Contos, posta en escena polo grupo
Andaravía Teatro, do veciño Concello de Vedra.
A
obra, pensada para o público infantil, e tamén apta para persoas de
todas as idades, ás que convidamos para a data sinalada. A entrada é
libre e gratuíta ata completar o aforo do local social.
O
espectáculo convídanos a brincar no mundo dos contos para achegármonos a
acontecementos máxicos e misteriosos. Meigas que pelexan pola fórmula
secreta das beberaxes, Miñocas inxenuas, vellos grilos e formigas
obreiras que queren arranxar o que lle pasa ao sol... Preguntas que
resolveremos se brincamos nestes contos.
Con
esta actividade ponse fin á programación do Outono 2015 da Fervenza de
Ouzande, adicado especialmente á posta en marcha das clases de música,
xuntanzas para tecer, xornadas de coidados ecolóxicos, e celbración da
Festa de Outono, Actividades nas que participaron máis de 150 persoas.
venres, 4 de decembro de 2015
Xornadas A HORTA NATURAL. As imaxes
Os pasados 20 e 21 de novembro tiveron lugar en Ouzande as Xornadas dedicadas aos coidados naturais e limpos dos nosos cultivos, baixo o título A HORTA NATURAL.
O venres, a especialista en tratamentos biosanitarios para a horta, Alicia Rey, da firma BioSolutio, ofreceu unha documentada e moi produtiva charla sobre os diferentes produtos que hoxe existen no mercado, para este fin, xerando un interesante debate e intercambio de opinións sobre o mesmo.
O sábado, a produtora ecolóxica, propietaria da Tenda Bio Casa Xorxeira, no Novo Mercado da Estrada, ofreceu solucións caseiras para o tratamento de pragas e fungos, así como múltiples remedios preventivos. Na segunda parte ofreceu o práctico obradoiro de fabricación de xabón potásico, do que todos e todas as participantes levaron mostra. Ao igual que na xornada anterior, houbo múltiples preguntas e intervencións que desmostraron o enorme interese polo tema.
As xornadas tiveron unha grande aceptación, pois sobrepasouse a trintena de persoas en cada unha delas.
Aí queda unha selección de imaxes dos dous días:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)