luns, 31 de decembro de 2012
xoves, 27 de decembro de 2012
filmOU 2012
FilmOU. Domingo 30 de decembro de 2012
A partir das 5 da tarde, sesión de tarde de cine no local social de Ouzande. Proxectaranse documentais sobre as distintas actividades levadas ao cabo pola asociación durante o presente ano 2012 (excursión, rutas, ciclo festivo anual, actividades musicais, etc.). Ademais a asociación ofrece unha merenda para acompañar o visionado e coloquio sobre os videos que se proxectarán. Tanto se participaches nalgunha actividade neste ano, como se non, gustaríanos contar coa túa presenza. É para todos e todas.

mércores, 26 de decembro de 2012
imaxes da III Feliz Ruta de Nadal en Ouzande
A pesar das negativas previsións meteorolóxicas coas que amenceu o día de nadal, un grupo de 21 persoas respondeu á convocatoria da AC A Fervenza de Ouzande e partiu puntual, ás 10:30 horas da igrexa de Ouzande, cara os montes da parroquia e das veciñas de Arcos e a Somoza. Na maior parte do recorrido a chuvia respectou aos camiñantes, aínda que fixo acto de presenza na metade do percorrido, á altura da Lagoa de Zoo, cun intenso chuvasco que non mingüou os ánimos dos camiñantes. Na baixada cara a Ouzande, os participantes atravesaron os dominios de Monte Cabalar, disfrutando de magníficas vistas e da contemplación do gado que pacía tranquilamente por estes montes. Pasadas as 13:30 da tarde, despois de case 14 km e tres horas de animada camiñata, os andaríns chegaron ao punto de partida satisfeitos co esforzo realizado nunha mañá diferente de Nadal. Mollados, pero contentos, ficaron emprazados para as novas rutas que a Asociación programará na estación primaveral de 2013.
Concerto de Retrouso no Principal da Estrada
Aquí deixamos as imaxes dun día inesquecible. O 30 de novembro ás 9 da noite o grupo ouzandés Retrouso presentaba o seu primeiro disco, OU, no Teatro Principal da Estrada. Magnífico concerto e magnífico espectátulo o que nos ofreceron. Sirvan estas imaxes de agradecemento e homenaxe da Fervenza de Ouzande. Aí van desde os momentos previos á resaca do día seguinte.
luns, 24 de decembro de 2012
mércores, 28 de novembro de 2012
Estás convidado Estas convidada....OU
Aí che queda o convite para a presentación do disco de Retrouso o venres no Principal da Estrada. As entradas, de balde, hai que retiralas no Teatro Principal. A billeteira estará aberta desde as 8 da tarde.
Presentación de OU de Retrouso na Estrada
Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.
Retrouso é un grupo de música tradicional e popular nacido en 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande e leva realizado ducias de actuacións en festas, romaría, festivais e diversos eventos por todo o país.
O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e recolle unha mostra de pezas tradicionais e de autor (Marcos Varela Couselo).
O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes.
Compoñentes:
Noelia Bouzón: gaita
Cesar Vicente: gaita
Fon Chedas: gaita e acordeón
Pablo Neiro: gaita e acordeón
Oscar Durán: gaita
Martín Varela: gaita
Ines Bugallo: gaita e percusión
Manuel Anxo Rey: gaita
Manu Bouzón: gaita
Miriam de Castro: gaita
Marcos Varela: acordeón
Xosé Martíns: percusión e saxo
Manuel Bouzón: percusión
Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada)
Darío Balado: voz (Convidado)
martes, 27 de novembro de 2012
luns, 12 de novembro de 2012
festa dOUtono 2012
Sábado 17 de novembro.
A
partir das 9
da noite no Campo da Festa de Ouzande
Celebramos
a festa das castañas en
Ouzande. Haberá castañas asadas e viño novo, de balde para todos
os asistentes.
Este
ano teremos novidades gastronómicas interesantes para facer unha
festa máis doce para todos:
-Degustación
de pasteis e doces elaborados con castañas cociñados por socios e
socias. Se ti queres traer algo, tamén podes.
-Teremos
un posto de degustación e venda de produtos feitos con castañas do
Caurel (marca Caurelor)
Tamén
teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para
completar a festa.
Non
faltará a música cos compoñentes de Retrouso. Ademais este ano
imos cantar co grupo de cancións tradicionais da Asociación.
ANÍMATE
E PARTICIPA NA FESTA. ESTÁS CONVIDADO/ESTÁS CONVIDADA
Convidamos
a todos a traer os seus instrumentos para participar da festa.
imaxes da presentación a noiva e o navio
Aí quedan as mellores imaxes da presentación de A noiva e o navío, coa participación da autora, Susana Sánchez Aríns e Uxío Allo, mestre de dorna. Foi o pasado 27 de outubro no local de Ouzande.
mércores, 24 de outubro de 2012
A NOIVA E O NAVIO de Susana Sánchez preséntase en Ouzande
O próximo sábado, 27 de outubro ás 20:00 h, terá lugar no Local Social de Ouzande a presentación de A noiva e o navio, novo libro da escritora estradense Susana Sánchez Aríns.
No acto participará tamén Uxío Allo, membro da AC Dorna da Illa de Arousa e mestre de navegación de dorna.
Mais información sobre o libro no blog da poeta sobre o mesmo: http://anoivaeonavio.blogspot.com.es/
Susana Sánchez Aríns publicou en 2009 a obra Decostruçom, pola que recibira o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé no ano 2008. Neste mesmo 2012, ven de publicar tamén o libro de poemas Aquiltadas. A escritora é socia da Fervenza de Ouzande, practicamente desde os seus inicios.
Horarios definitivos clases de música 2012-13
Horarios definitivos das clases de música (se queres aínda te podes anotar acudindo ao local neste horario)
SÁBADOS
Mañá:
10:30 a 11:30 ACORDEÓN. Profesor: Marcos Varela.
11:30 A 12:30 GAITA (INICIACIÓN)
Profesor Marcos Varela.
11:30 a 12:30 TAMBORIL. Profesor Xosé Martíns Fofi
12:30 A 13:30 GAITA (Perfeccionamento) Profesor Marcos Varela.
Tarde:
16:30 a 18:30 PANDEIRETA. Profesora Silvia Martínez Noite:
22:00 a 23:00 CANCIÓNS TRADICIONAIS Profesor Marcos Varela.

xoves, 4 de outubro de 2012
presentación das clases de música e baile curso 2012-2013
Horarios das clases de música e baile no Local Social de Ouzande:
SÁBADOS.
Mañá:
10:30 a 11:30 ACORDEÓN. Profesor: Marcos Varela.
11:30 A 12:30 GAITA (INICIACIÓN) Profesor Marcos Varela.
Mañá:
10:30 a 11:30 ACORDEÓN. Profesor: Marcos Varela.
11:30 A 12:30 GAITA (INICIACIÓN) Profesor Marcos Varela.
11:30 a 12:30 TAMBORIL. Profesor Xosé
Martíns Fofi.
12:30 A 13:30 GAITA (Perfeccionamento)
Profesor Marcos Varela
Noite:
22:00 a 23:00 CANCIÓNS TRADICIONAIS Profesor Marcos Varela.
Todas as clases anteriores comezarán o próximo sábado 6 de outubro
As persoas interesadas en BAILE E PANDEIRETA están convocadas para comezar o sábado 13 de outubro ás 4 da tarde.
Anímate que aínda quedan prazas. Se desexas inscribirte nalgún destes cursos, podes achegarte nos horarios e días indicados ao local social de Ouzande.

Aí quedan unhas fotos da presentación celebrada o pasado 29 de setembro no local social.
domingo, 23 de setembro de 2012
bailas? clases de música curso 2012-2013
-->
CURSOS
DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
ACORDEÓN,
GAITA,
BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL E CANCIÓNS TRADICIONAIS
AC
A FERVENZA DE OUZANDE
Dan
comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as
persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado
29 de SETEMBRO no local do campo da festa ás 16:30 da tarde.
Novidade
importante: Este ano teremos clases de CANCIÓNS TRADICIONAIS,
ademais das clases de ACORDEÓN, GAITA, PERCUSIÓN, BAILE E
PANDEIRETA.
Na
reunión
informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se
fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados
pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se
celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO
DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS.
Tamén
convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas
as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren
algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a
Asociación convida a uns pinchos de merenda.
Anímate
a tocar algún instrumento, a cantar ou a bailar. Verás que non é
tan difícil, e ademais vaste divertir. Podes inscribirte enviando un correo a carreirosouzande@gmail.com oui asistindo á reunión.
venres, 21 de setembro de 2012
GO ON en Ouzande. Imaxes
Na tarde do 9 de setembro a compañía teatral de Xoque Carbajal Malasombra teatro puxo en escena GO
ON no Campo da Festa de Ouzande. Numeroso público achegouse ata o
teatro improvisado pola Fervenza de Ouzande neste lugar para gozar cunha
historia divertida que fala de nós mesmos.
Da autoría de Xosé Prieto e coa dirección de Marcos Orsi e co traballo de Carlos Alonso na escenografía, son e vestiario. Os intérpretes son Xoque Carbajal e Jousue García.
A historia que se conta nesta obra é a dun reto necesario logo da chegada do home á lúa, a súa chegada a Galicia. Así é como os dous actores entrañan a dous lunáticos personaxes que deciden adentrarse na odisea de investigar que é e como é Galicia. Farano pola ruta xacobea.
Así é como teñen que loitar contra un can de palleiro, entender a matanza, despistar a Santa Compaña, viaxar nun tren galego...
Todo isto para conseguir as constantes gargalladas do público e a complicidade do mesmo.
Malasombra teatro xa ten unha nova obra en cartel, pero a partir desta actuación retoman Go On logo do parón do verán para representala en diversos auditorios de Galicia adiante. Polo momento xa é a obra que conta con maior número de representacións.
(Texto tomado de ouzande.blogspot.com)

imaxes da V Fervenza de músicas en ouzande
O pasado 7 de setembro Ouzande tivo unha estupenda noite de foliada, acompañada pola agradable temperatura e unha boa afluencia de xente. Os grupos Maravallada de Pontevedra e Os Tabernícolas de Santiago ocuparonse de animar a festa coa súa música e as súas cantigas populares e de "taberna". Xuntanza dos Regatos de Orazo, cunha animadísima posta en escena ocupouse de arrancar os primeiros bailes da concorrencia. A "culminación da festa" chegou coa magnífica e inesperada actuación conxunta dos grupos Pana Raiada, de Santiago e os anfitrións de Retrouso, que sumaban un total de 29 músicos de todas as idades (22 gaitas, soando sorprendentemente afinadas). Fixeron un amplo repertorio de pezas de todos os paus, de cante e de baile, que arrincaron o baile de numerosos participantes e moitos aplausos do público. A foliada aberta continuou ata pasadas as catro da madrugada.
luns, 3 de setembro de 2012
TEATRO NAS FESTAS DE OUZANDE 2012
Este domingo, 9 de setembro, A Fervenza
de Ouzande programa un espectáculo teatral de primeiro nivel en
Galicia para poñer remate ás festas do Socorro 2012.
Trátase da obra GO ON, da compañía
Malasombra, que xa supera as 50 representacións en toda Galicia.
No reparto encontramos a Josué García
e ao ouzandés Xoque Carbajal, dirixidos por Marcos Orsi.
A representación terá lugar no Campo
da Festa de Ouzande, a partir das 19:30 horas. A entrada será de
balde, e a obra é apta para todos os públicos.
GO ON.
“Logo da chegada do home á lúa á
humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No
ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores
tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a
través da ruta xacobea.”
Máis información e imaxes en MALASOMBRA.
FERVENZA DE MÚSICAS. V FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL
A AC A Fervenza de
Ouzande presenta a quinta edición da FERVENZA DE MÚSICAS, dirixida
especialmente á promoción e divulgación da nosa música, tal como
ven facendo desde a súa fundación, a través do desaparecido
festival Músicas da Terra, ata 2007, ou coas clases de música
tradicional que se desenvolven no local social de Ouzande.
As actuacións dos
grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”,
mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e
ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior
participación posible dos asistentes.
O programa desta V
Foliada será o seguinte:
Día: Venres, 7 de
setembro de 2012
Hora: 22:00 h.
Lugar: Campo da Festa
de Ouzande.
O campo estará
cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así
como servizo de bar.
Actuacións
Musicais:
Maravallada
(Pontevedra)
Retrouso
(Ouzande)
Pana
Raiada (Santiago)
Os
Tabernícolas (Santiago)
Xuntanza
dos Regatos (Orazo)
Ademais,
o grupo anfitrión, Retrouso, continúa coa xeira de actuacións de
presentación do seu primeiro dísco, “OU”, de recente
publicación, e que poderá ser adquirido no posto da asociación, no
transcurso da festa.
Venda de camisetas
e gorras conmemorativas
Nesta ocasión as
camisetas, deseñadas pola ouzandesa Rosa Herraiz, fan referencia a
este primeiro disco do grupo Retrouso. A oferta compleméntase cunhas
gorras, co lema Ouzande 2012.
xoves, 30 de agosto de 2012
imaxes unha noite no muíño 2012
Fomos pasar unha noite máis no muíño do rubio. O sábado 18 de agosto de 2012.
venres, 17 de agosto de 2012
unha noite no muíño 2012
Lugar: Muíño do Rubio na Fervenza de Ouzande.
Hora: 10 da noite.
Motivo: Pasalo ben.
Hai que levar a cea, ganas de festa e, se tés, algún instrumento musical. Imprescincible lanterna para o camiño. Calquera cousa pode acontecer.
o vídeo dos xogos oulímpicos Ouzande 2012
Na páxina O CAMIÑO DE BALDOSAS AMARELAS publicouse esta interesante crónica audiovisual sobre os III Xogos Oulímpicos Ouzande 2012
imaxes III xogos oulímpicos ouzande 2012
O pasado domingo, 12 de agosto, tivo lugar a terceira edición dos Xogos Oulímpicos, Ouzande 2012. A actividade comezou, no campo da festa, ás 18:00 coa inscrición dos pequenos deportistas, que acadaron os corenta participantes. Ás 18:30 horas comezou o desfile oulímpico, que rematou co acendido da chama oulímpica e a promesa oulímpica dos participantes. A seguir os cinco grupos de rapaces e rapazas foron realizando as diferentes probas preparadas: ximcarreta, 100 metros pavón, baloncegho, levantamento de carozo e baixada de augas mansas. Numeroso público seguiu o desenvolvemento das probas nas que os participantes puseron todo o seu empeño e moito sentido do humor.
Rematadas as probas oficiais, os participantes puideron compartir cos máis maiores as probas das biciclentas e os saltos sincronizados que fixeron as delicias dos asistentes. Antes da entrega das medallas, o COU (Comité OUlímpico) decidiu outorgar diferentes premios aos grupos participantes: Cooperación, Deportividade, Esforzo, Simpatía e Superación.
Como final de festa todos os participantes recibiron a súa medalla oulímpica e coroa de loureiro, así como un adhesivo de recordo da súa participación nos xogos.Tamén levaron un adhesivo de recordo da súa participación nestes xogos.
martes, 14 de agosto de 2012
así preparamos os xogos oulímpicos 2012
Aí quedan algunhas imaxes da preparación dos Xogos Oulímpicos Ouzande 2012. Moitas horas de traballo e compañeirismo.
mércores, 8 de agosto de 2012
III XOGOS OULÍMPICOS OUZANDE 2012
O próximo domingo día 12 de agosto, coincidindo coas Festas de San Lourenzo, a AC A Fervenza de Ouzande organiza os terceiros “Xogos Oulímpicos”, a partir das 6 da tarde no Campo da Festa. A actividade destinada a público de todas as idades constará dos seguintes xogos e deportes
Baixada de augas mansas
Levantamento de carozo
100 metros pavón
Baloncegho
Xincarreta
Biciclentas
Saltos sincronizados
Horario:
18:00 Inscricións (Gratuita)
18:30: Recibimento do Fachico Oulímpico e Desfile Oulímpico con todos os participantes
19:00. Probas Oulímpicas.
20: 30: Entrega de medallas e coroas oulímpicas.
Haberá Bebedeiro Oulímpico para os participantes
mércores, 1 de agosto de 2012
así foi o lumeiro 2012
Un ano máis a AC A Fervenza de Ouzande celebrou a noite máxica do
lumeiro. A xornada comezou pola tarde cando os máis pequenos prepararon o
home do saco para ser queimado e foron buscar sabugueiro, anís, romeu,
madreselva, herba luísa, macela silvestre e outras herbas para facer a
auga de flores, que despois da medianoite os asistentes puideron levar
para as súas casas.
Xa de noite un grupo dunhas setenta persoas achegouse ao campo da festa para poder asar nas brasas os ricos chourizos asados con espetos de loureiro. Despois da cea, os participantes escribiron en cadanseu papel todo o que desexaban queimar no lume. A continuación, encabezados polos gaiteiros de Retrouso dirixíronse en procesión cara a fogueira para prenderlle lume, e botar no mesmo ao home do saco. A velada continuou con festa e música ata altas horas da madrugada.

xoves, 21 de xuño de 2012
lumeiro 2012
O próximo 23 de xuño, sábado, terá lugar o lumeiro no campo da festa
de Ouzande. Como todos os anos, darémoslle a benvida ao verán arredor da
fogueira. Faremos festa co grupo Retrouso e pódese levar algún
instrumento para animar. Teremos á venda pan e chourizos que poderá asar
cada un nas brasas da fogueira, con espetos de loureiro. E ao final
saltaremos por riba do lume. Os asistentes poden traer algún recipiente
para levaren auga de flores para a casa.
Como sempre, haberá algunha sorpresiña…, onde andará o home do saco?
Se aparece, poderemos escribir nun papel o que queiramos queimar con el…
Os nenos e as nenas están invitados a vir a partir das 6 da tarde,
para preparar a festa: confección do boneco, recollida de flores para a
auga de san xoán…, os maiores esperade que chegue a noite…
cea dos cursos de música 2012
O pasado sábado 16 de xuño tivo lugar a celebración da cea-festa de fin
de curso das clases de música de baile tradicional. Na mesma
participaron un total de 30 persoas que asisten ás disciplinas de gaita,
tambor, pandeireta e acordeón. A xornada de convivencia tivo lugar no
local social de Ouzande e consistiu nunha cea, prepara por membros da
asociación á que seguiu unha animada velada musical na que os alumnos e
alumnas dos diferentes instrumentos mostraron as súas habilidades. Ás
tres da madrugada púxose fin
á velada, quedando citados os participantes para o próximo curso. Na cea
participaron tamén os profesores Marcos Varela e Silvia Martínez.
ruta dos montes de arcos
A Fervenza de Ouzande pechou o domingo 3 de xuño o seu programa de rutas a pé “Imos
andar” cun roteiro polo Monte de Arcos. 22 persoas congregáronse ás 9:30
horas diante da Igrexa de Ouzande para completar os 18km do percorrido.
Saíron da parroquia polo lugar do Picoto para adentrarse no Monte de
Ouzande, pasaron preto do lugar de Ferreiros, xa en Arcos e
posteriormente movéronse polos camiños e carreiros do Monte de Arcos,
bordeando o Castro desta parroquia veciña. Desde alí gozaron das
fermosas vistas que ofrece o val, co Monte Xesteiras á fronte e cunha
panorámica co monte Xiabre e a Ría de Arousa ao fondo. Sobre as 13:20 o
grupo de sendeiristas estaba xa de regreso no mesmo lugar do que saíran e
onde foron agasallados cun refrixerio por parte da
organización.
organización.
fotos da excursión á ría de ares, mugardos e betanzos
Na xornada do domingo 27 de maio un numeroso grupo de ouzandeses gozaron dunha xornada
fermosa de excursión. Foise seguindo a programación prevista coas
visitas a Mugardos, Redes e Betanzos.
A parte máis agradecida foi cando o presidente da Agrupación cultural e instrutiva de Redes, no Concello de Ares, recibiu a concorrencia ouzandesa para presentarlles a historia e a realidade da vila de Redes. Tras o visionado dun documental e a explicación dos principais aspectos da sociedade redense, houbo un intercambio de agasallos entre as dúas asociacións e unha visita guiada á vila. A pesar de facer a chuvia acto de presenza en dúas ocacións, esta non impediu que se desenvolveran as visitas previstas nin minguou os ánimos. A antiga escola de Redes acolleu aos excursionistas para o xantar e posterior convivencia festiva.
O antigo lavadoiro de Betanzos, o parque do pasatempo e a vila de Betanzos foron visitadas pola tarde para goce das 62 persoas que participaron activamente na excursión.

martes, 22 de maio de 2012
excursión a Redes
Aínda quedan algunha praza libre (do segundo autobús). Información e inscrición na Taberna de Ouzande (tel. 986570285)
fotos VII ruta das letras
A VII edición da ruta das letras organizada pola Asociación tivo unha
extraordinaria acollida pois contou coa participación entusiasta de 62
persoas, que saíron ás 21:45 da mañá do adro da igrexa de Ouzande, para
percorrer un roteiro de 11 km, que atravesou os montes de Ouzande e A
Somoza. O nutrido grupo atravesou o contorno da Fervenza de Ouzande en
primeiro lugar para logo cruzar a través de camiños de monte, fermosas
paraxes de bosques autóctonos e diversos regatos. Na parroquia da Somoza
visitamos o lugar de Castrorramiro e tamén fixemos unha parada no
idílico Pozo da Freixa, composto por dous muiños e unha fervenza de
extraordinaria beleza. Coma sempre cumpriuse o obxectivo de andar e
falar, ademais de disfrutar da paisaxe. Ao regreso, ao pé do cruceiro do
adro da Igrexa de Ouzande todos os camiñantes recolleron o libro de
agasallo para celebrar esta data tan sinalada. Cabe destacar que ademais
da xa abondosa participación de persoas de Ouzande, A Estrada e
parroquias limítrofes, contamos cun nutrido grupo de camiñantes chegados
da cidade de Pontevedra, e pertencentes ao grupo de senderismo Andaríns
do Lérez.
A Asociación contou coa xenerosa colaboración do Concello da Estrada para esta actividade, que aportou un lote de libros.
A Asociación contou coa xenerosa colaboración do Concello da Estrada para esta actividade, que aportou un lote de libros.
Este é o perfil do percorrido
venres, 11 de maio de 2012
VII Ruta das Letras
ANDAMOS E FALAMOS
Continuamos
co programa “Imos andar” coa Ruta das Letras. Realizaremos
a Ruta das Carballeiras, polos
montes de Ouzande e A Somoza.
Será
o xoves 17 de maio, con saída ás 9:45 da mañá e regreso ás 13:30
(Igrexa de Ouzande) Ao
final do roteiro, todas as persoas participantes serán agasalladas
cun libro, en conmemoración do Día das Letras.
A actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o
desexen, socias ou non socias.
A
Asociación quere agradecer ao Concello da Estrada a súa
colaboración nesta actividade
sábado, 5 de maio de 2012
fotos da ruta dos carreiros de ouzande 2012
Aí quedan unhas imaxes da ruta dos carreiros que fixemos o pasado 1 de maio. Vai un saúdo tamén aos nosos amigos e amigas de Andaríns do Val do Lerez que camiñaron con nós.
domingo, 29 de abril de 2012
ruta dos carreiros de ouzande 1 de maio de 2012
O
vindeiro 1 de maio a AC A Fervenza de Ouzande dá comezo o programa
de actividades de primavera, no que se combinarán propostas de para
gozar do aire libre, como as rutas e a excursión anual, e
actividades culturais e musicais no Local Social de Ouzande, que
iremos anunciando en próximas comunicacións.
Martes
1 de maio.. Ruta dos
carreiros de Ouzande. Percorreremos os diferentes carreiros polo
monte e os diferentes lugares de Ouzande, incluíndo a Fervenza e os
muíños. Hora de saída: 10 da mañá, diante da igrexa de Ouzande.
Chegada sobre as 13:00
a madriña Paula Carballeira en Ouzande
O pasado 8 de abril, a nosa madriña Paula Carballeira tróuxonos a rosca de Pascua. Para celebralo xuntámonos e merendamos todos xuntos. Aí quedan as fotos
venres, 27 de abril de 2012
fotos antroido 2012 panOUrama tour
Aí quedan as fotos do pasado antroido. Xira PanOUrama tOUr pola parroquia
mércores, 15 de febreiro de 2012
antroido 2012
Sábado 18 de febreiro 2012
A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor da orquestra panOUrama de Ouzande percorrerá os lugares da parroquia facendo verbena por todos os lugares. Non faltarán as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral.
Horario aproximado:
17:00 da tarde: saída do campo
17:10: O Tallo
18:00:. O Castro
18:15: O Picoto e o Redondo
18:35: Alemparte e O Formigueiro
19:00: O Topete
19:15: Igrexa
E como remate a partir das 19:30 da tarde, merenda e gran festa de disfraces no local social. Gran verbena antroideira con panOUrama, animación e degustación dos produtos típicos do antroido.
Se queres vir preparar e adornar o tractor que nos servirá de carroza, quedamos ese día (sábado 18, ás 10 da mañá no campo)

martes, 14 de febreiro de 2012
cociñamos con jaume garcía
O pasado sábado, 11 de febreiro, tivo lugar a primeira Tarde de Cociña, organizada pola AC
A Fervenza de Ouzande. Un total de 35 persoas asistiron ao curso
intensivo impartido polo cociñeiro Jaume García.
A actividade consistiu na elaboración de cinco pratos: queixo á feira, lagostinos con allada, guacamole e millo crocante, risotto de langostinos, cogomelos e verduras e brouni. Os asistentes tiveron ocasión de degustar os deliciosos pratos elaborados polo prestixioso cociñeiro do restaurante Velis Nolis.
O público participante premiou ao Jaume cun prolongado aplauso en recoñecemento do seu magnífico trababallo. Aí quedan as imaxes

venres, 10 de febreiro de 2012
Asemblea 2011-2012
Aí quedan as fotos da concurrida e animada Xunta Xeral Anual do pasado domingo 5 de febreiro de 2012.
martes, 31 de xaneiro de 2012
asemblea anual
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande convoa aos seus socios e socias á Xunta Xeral Anual, que terá lugar o domingo 5 de febreiro ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande.
A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión do ano 2011
-Informe de actividades(con proxección de fotografías e videos)
-Informe económico.
2. Elección de Xunta Directiva.
3. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2012.
4. Programación anual.
5. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito.
En Ouzande, A Estrada, febreiro de 2012.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)