As mellores imaxes das actividades do pasado ano neste vídeo:
xoves, 19 de febreiro de 2015
mércores, 18 de febreiro de 2015
medievOu (re)
Este sábado non ha chover
E mantemos o mesmo programa:
E mantemos o mesmo programa:
Cabaleiros e damas da corte, labregos, meigas e bruxas, trobadores e xograresas, monxes e abadesas, taberneiras e borrachíns... Taberna Medieval con todos os produtos típicos do tempo. Gran Feirón Medieval. Presentación do Códice Clandestino, máis clandestino que nunca. Música en vivo con Retrouso (versión medievOU). Gran Xusta poética entre as Xograresas Cegas do Antroido.
NON O PODES PERDER
Sábado 21 de febreiro. Campo da Festa de Ouzande
16:30. Concentración de disfraces
17:00: Saída do Trator MedievOU para percorrer os lugares da parroquia.
18:30: Parada na Taberna de Ouzande
19:00: GRAN FESTA DE ANTROIDO MEDIEVAL NO CAMPO DA FESTA
sábado, 7 de febreiro de 2015
medievOU
Este ano o antroido de Ouzande é medievOU
Aí
ven o antroido, un ano máis. Nesta ocasión faremos unha viaxe pola
historia, ata a IDADE MEDIA, nin máis nin menos. O antroido deste
ano ven disfrazado de MEDIEVOU. Cabaleiros e damas da corte,
labregos, meigas e bruxas, trobadores e xograresas, monxes e
abadesas, taberneiras e borrachíns... Taberna Medieval con todos os produtos típicos do tempo. Gran Feirón Medieval. Presentación do Códice Clandestino, máis clandestino que nunca. Música en vivo con Retrouso (versión medievOU). Gran Xusta poética entre as Xograresas Cegas do Antroido.
NON O PODES PERDER
Sábado 14 de febreiro. Campo da Festa de Ouzande
16:30. Concentración de disfraces
17:00: Saída do Trator MedievOU para percorrer os lugares da parroquia.
18:30: Parada na Taberna de Ouzande
19:00: GRAN FESTA DE ANTROIDO MEDIEVAL NO CAMPO DA FESTA
Crónica Xunta Xeral Anual
Unhas 50 persoas responderon á convocatoria, no local social de Ouzande. Na reunión aprobouse o informe de xestión da Directiva do ano 2014, do que destacamos os seguintes aspectos:
1. Implicación activa dos asociados
-Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Aumento do número de persoas asociadas. (23 novos socios)
-Participación nas actividades moi satisfactoria. Tanto na cantidade como na implicación nas mesmas.
2. Mantemento de número de iniciativas socioculturais, sobre a vintena.
3. Mantemento do número de persoas participantes, tanto socias como non socias, superando o millar. Aumento de participantes nas rutas, ou outras actividades, como a festa doutono, fin de curso...
4. Aposta por actividades novas dentro da Asociación. Obradoiro de Tear. Charla sobre comercio de produtos ecolóxicos, etc. Amplíase o abano de destinatarios.
5. Programación trimestral. Primeira experiencia coa programación de Outono. Supuxo un éxito en canto ao número de actividades e a participación nas mesmas.
6. Mantemento das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo festivo anual, antroido, lumeiro, magosto... Aumento de participación nas mesmas.
7. Potenciación das Clases de música e baile tradicional. Aumento das persoas inscritas. Aumento de socios. Participación do grupo de cancións Recanto en iniciativas de fóra da parroqua: A Estrada, Callobre, S. André de Vea e Arzúa. Consolidación de Retrouso como un referente na música tradicional da comarca. 8. Colaboración con outras entidades da contorna. Callobre, S, André de Vea, etc.
Así mesmo, aprobouse a previsión para o presente 2015 que tratará de abordar os seguintes obxectivos:
1. Manter o nivel de actividades do ano pasado, procurando cumprir os obxectivos que se enunciaron no apartado anterior.
2. Preparación e publicación da revista Carreiros.
3. Dinamización da Ruta da Fervenza. Folletos, sinalización, etc. Continuación da recuperación do Muiño do Rubio. A reunión rematou cunha merenda de convivencia na que os participantes puideron disfrutar tamén dunha exposición dos traballos realizados polas asistentes ao Curso de Tear, que se levou a cabo nos últimos tres meses.
Aí quedan as mellores imaxes

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)