sábado, 31 de decembro de 2011
fotos ruta de nadal 2011
aí quedan as fotos da ruta ao castro de arcos,
o día 25 de decembro de 2011
venres, 23 de decembro de 2011
A Fervenza de Ouzande no MOME
O 17 de decembro de 2011 presentamos o documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DE FERVENZA DE OUZANDE no MOME da Estrada. Abrimos tamén unha exposición sobre os dez anos da Asociación que se pechou o día 22. Aí quedan as fotos
mércores, 14 de decembro de 2011
a fervenza de ouzande no mome
Despois da súa estrea no local social de Ouzande, o pasado 27 de novembro no que estivo presente a madriña da asociación, Paula Carballeira, a AC A Fervenza de Ouzande presenta na vila da Estrada o documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DA FERVENZA DE OUZANDE.
O acto terá lugar o próximo sábado 17 de decembro a partir das 20:00 horas no MOME (Museo do Moble da Madeira da Estrada, á beira de Protección Civil).
Esta actividade dará inicio a unha semana da Fervenza de Ouzande no MOME, na que teremos instalada a exposición “Dez anos a andar carreiros” que resume a traxectoria da asociación, realizada con paneis, carteis das actividades, proxeccións e a revista Carreiros, así como outros materiais editados pola entidade. A mostra poderá ser visitada desde o propio sábado 17 pola mañá.
O horario de visitas á exposición será:
Do sábado 17 de decembro ao xoves 22 de decembro
Mañás: De 11:00 a 13:30
Tardes: De 17:30 a 20:30
O DVD co documental xa se pode adquirir na Taberna de Ouzande ou na Libraría Alberte Quiñoi da Estrada
fotos curso de poda 2011
Aí quedan as mellores imaxes do curso de poda organizado pola asociación. A fase teórica tivo lugar os días 26 de novembro e tres de decembro. A práctica realizámola, na finca da Casa do Cereiro, os días 4 e 10 de decembro de 2011. E para rematar como é debido, merenda e tertulia no local o día 10.
domingo, 11 de decembro de 2011
estrea documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DA FERVENZA DE OUZANDE
Aí quedan as fotos dun día inesquecible. O 27 de novembro de 2011 presentamos o documental que resume os dez primeiros anos da nosa historia. O local abarrotado. Moitas emocións e aplausos. E Paula Carballeira aceptou ser a nosa madriña.
martes, 22 de novembro de 2011
presentación andar carreiros
O próximo 27 de novembro de 2011 a AC A Fervenza de Ouzande vai celebrar o acto central dos dez anos da súa historia desde a súa fundación no ano 2001.
O acto consistirá na estrea do documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DE FERVENZA DE OUZANDE. Así mesmo, contaremos coa participación da actriz, escritora e contacontos Paula Carballeira que será a madriña do evento.
A actividade dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no local social de Ouzande, sito no Campo da Festa. Ao rematar a proxección, todas as persoas asistentes poderán compartir unha merenda á que convida a Asociación.
Este acto, aínda que é aberto ao público en xeral, está pensado especialmente para os socios e socias da Fervenza de Ouzande, así como para os veciños e veciñas da parroquia.
De feito, o próximo 16 de decembro realizarase unha presentación e proxección do documental no Museo do Moble da Estrada (MOME) á que se covidará a todo o tecido asociativo, institucións e público en xeral.
fotos festadoutono 2011
Castañas, viño, chourizo, festa, fútbol, de todo..., o pasado 12 de novembro
fervenza de músicas, fotos
Moita festa e animación hna IV Fervenza de Músicas o pasado 9 de setembro
as trincadeiras 2011
Sesión dupla de cine. O Espírito das Trincadeiras de Seném Outeiro o 25 de xuño en Ouzande
luns, 21 de novembro de 2011
concerto dez x dez, fotos
Aí quedan as fotos de Narf e The Homens celebrado o 10 de xuño, para comezar a celebrar os 10 anos...
mércores, 9 de novembro de 2011
festa de outono 2011
Sábado 12 de novembro.A partir das 7 da tarde no Campo da Festa de Ouzande.
Celebramos a festa das castañas asadas en Ouzande. Haberá castañas e viño novo, de balde para todos os asistentes.
Tamén teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa. Non faltará a música cos compoñentes de Retrouso.
Convidamos a todos a traer os seus instrumentos para participar da festa.
NO TRANSCURSO DA FESTA PROXECTAREMOS NO LOCAL AS IMAXES DO TORNEO DE FÚTBOL TRIANGULAR MIXTO CELEBRADO NA FESTA DO SOCORRO DO PASADO SENTEMBRO
mércores, 2 de novembro de 2011
curso de poda
Vai chegando o tempo da poda e dende a Asociación ofrecémosche a posibilidade de adquirir coñecementos básicos para faceres este labor como é debido.
O noso veciño, José Loureiro, impartirá un curso no Local do campo da festa que incluirá unha fase teórica (tratamentos, abonos, poda, enxertos...) e unha fase práctica de poda.
Os contidos e datas do curso presentaránse nunha reunión informativa este sábado día 5 de novembro ás 7 da tarde no Local de Ouzande. Se estás interesado/a convidámoste a participar nesta reunión, na que te poderás inscribir para o curso, que comezará o sábado 26 de novembro.
sábado, 8 de outubro de 2011
xoves, 6 de outubro de 2011
horarios das clases de música. bailas? 2011-12
Os horarios definitivos serán:
Sabados pola mañá
11:00 ACORDEÓN
12:00 PERCUSIÓN E GAITA
Sábados pola tarde
16:00 PANDEIRETA PERFECCIONAMENTO
17:00 BAILE
18:00 PANDEIRETA INICIACIÓN
As persoas interesadas nalgún dos cursos poden achegarse ao local social de Ouzande no horario arriba indicado. As clases comezarán o próximo sábado 8 de outubro. Hai algunhas prazas libres.
Sabados pola mañá
11:00 ACORDEÓN
12:00 PERCUSIÓN E GAITA
Sábados pola tarde
16:00 PANDEIRETA PERFECCIONAMENTO
17:00 BAILE
18:00 PANDEIRETA INICIACIÓN
As persoas interesadas nalgún dos cursos poden achegarse ao local social de Ouzande no horario arriba indicado. As clases comezarán o próximo sábado 8 de outubro. Hai algunhas prazas libres.
luns, 26 de setembro de 2011
bailas? cursos de música 2011-2012
CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA E TAMBORIL
AC A FERVENZA DE OUZANDE
Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 1 de outubro no local do campo da festa ás 16:30 da tarde.
Novidade importante: Este ano teremos clases de ACORDEÓN, ademais das clases de GAITA, PERCUSIÓN, BAILE E PANDEIRETA.
Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá.
Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.
martes, 6 de setembro de 2011
IV FERVENZA DE MÚSICAS
A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.
Compartiremos festa cos grupos
Retrouso (Ouzande)
Os Xeitosos de Trazo
Gharatuzas (Santiago)
Reviravolta (O Pino)
Faíscas da Pontraga (Tordoia)
Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.
Campo cuberto.
xoves, 25 de agosto de 2011
unha noite no muíño 2011
Un ano máis imos pasar unha noite no muíño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.
Este sábado, 27 de agosto, a partir das 10 da noite, velada de sorpresas e festa. Só tés que levar a cea nun cesto e unha lanterna para o camiño. Se queres, algún instrumento musical tamén. Tamén podes vir co traxe para a ocasión...
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada...
Este sábado, 27 de agosto, a partir das 10 da noite, velada de sorpresas e festa. Só tés que levar a cea nun cesto e unha lanterna para o camiño. Se queres, algún instrumento musical tamén. Tamén podes vir co traxe para a ocasión...
Unha noite no muíño,
unha noite non é nada...
mércores, 10 de agosto de 2011
maxia nas festas patronais de ouzande
O próximo domingo 14 de agosto peche máxico para as festas de Ouzande. Actuación do mago ourensán José Rivera a partir das 19:30 no local social de Ouzande. Máis información sobre o ilusionista picando aquí.
E para comezar ditas festas, este venres 12, interesante velada de música tradicional con RETROUSO, REGATO DE MATAMULLERES E BERROS DO CASTRO. Polbo, churrasco e moita festa!
xoves, 23 de xuño de 2011
o espírito das trincadeiras, estrea en Ouzande
O filme, escrito e dirixido por Seném Outeiro, narra a loita que no ano 1990 o pobo de Goián desenvolveu na defensa do monte comunal das Trincadeiras que pretendía ser expropiado pola empresa que construía a autopista Vigo-Porriño. O pobo de Goián opúxose e despois conquerir con moito esforzo a súa vitoria celebrou anualmente unha festa de exaltación das Trincadeiras coma movemento veciñal e coma posta en valor dos espazos comunais.
“A cinta é unha homenaxe á vontade coleitiva, unha historia cargada de emotividade e reflexión sobre a importancia da memoria histórica coma alicerce do ser social”
Seném Outeiro
A actividade terá lugar o próximo día 25 de xuño no Local Social de Ouzande.
Realizaranse dous pases, o primeiro ás 19:30 e o segundo ás 21:30. Contaremos coa presenza do autor do documental
xoves, 16 de xuño de 2011
luns, 6 de xuño de 2011
músicas x (dez)
VENRES 10 DE XUÑO DE 2011
CAMPO DA FESTA DE OUZANDE
OUZANDE, A ESTRADA
Concerto de NARF e THE HOMENS para celebrar o décimo aniversario da AC A Fervenza de OUzande.
Servizo de bar e bocatas.
Venda de camisolas conmemorativas.
DEZ X DEZ. Proxección das cen mellores imaxes de dez anos de actividades.
Boa música e diversión no Campo da Festa de Ouzande
domingo, 15 de maio de 2011
VI Ruta das Letras
VI RUTA DAS LETRAS
ANDAMOS E FALAMOS
O próximo martes 17 de maio, a AC A Fervenza de Ouzande continuará co seu programa de rutas a pé, IMOS ANDAR coa cuarta Ruta das Letras. Este ano percorreremos o Roteiro das Lagoas de Zoo, cuxas características detallamos máis abaixo. Convidamos a todos os estradenses especialmente a esta ruta, porque ademais do seu interese paisaxístico e ambiental, a asociación agasallará a todos e todas as participantes cun libro, para celebrar o Día das Letras Galegas. O libro será entregado ao final da ruta a todos e todas os participantes. Para esta iniciativa contamos coa inestimable colaboración da editora Biblos Clube de Lectores.
Hora de saída: 09:45, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:30 ao mesmo sitio.
mércores, 11 de maio de 2011
fotos ruta dos carreiros de ouzande 2011
Aí quedan as imaxes da primeira ruta do ano polos carreiros de ouzande que fixemos o pasado domingo 8 de maio. Prepararse para a próxima, a VI Ruta das letras o 17
mércores, 4 de maio de 2011
roteiro dos carreiros de ouzande 2011
concerto BANDA BROA no local de Ouzande
aí quedan unhas imaxes do magnífico concerto de Banda Broa o primeiro de maio do 2011 no local social de Ouzande
luns, 2 de maio de 2011
fotos do antroido 2011
este ano celebramos o Antroido cantando as coplas dos cegos na Taberna e logo cunha gran festa no local noviño... Foi o 5 de marzo de 2011
e as coplas...
imaxes da inauguración do novo local no palco vello
o 26 de xaneiro de 2011 os veciños e veciñas de ouzande inauguramos o local novo no palco vello
fotos asemblea anual 2011
despois dun tempiño de retraso aí van as fotos da xunta xeral anual da asociación que celebramos o 27 de xaneiro deste 2011
mércores, 27 de abril de 2011
BANDA BROA o primeiro de maio de ouzande
Un dos grupos máis alimenticios para o oído. Música con miolo.
Ingredientes:
-Base forneada de acordeón de Santiago (Marcos Varela, profesor de gaita nas clases da Fervenza de Ouzande)
-Moitos Qilos de percusión amiense (Xosé Tuñas)
-Unha cantidade xenerosa de bonito saxofón de Burela (Roberto Bouça)
-Unha dose perfecta de gaita da Estrada (Noe Bouzón, gaiteira ouzandesa)
-Varias culleradas de voz dóce de Touro (Madi Martínez)
Preparación:
Móese todo en calquera muíño dos nosos ríos, mestúrase nun quinteto inspirado na música tradicional con reminiscencias de banda de música pasando por orquesta de sesión vermú, cócese nun forno de leña de carballo e sírvese en quente.
DOMINGO 1 DE MAIO DE 2011
LOCAL SOCIAL DE OUZANDE
19:00 H
DE BALDE
mércores, 2 de marzo de 2011
RAPACES E RAPAZAS DE OUZANDE!
NON QUEDEDES NA CASA NO ANTROIDO
E VIDE COS VOSOS DISFRACES
A PASALO BEN E DIVERTIRSE MOITO
Sábado 5 de marzo de 2011
A partir das 6 e media da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. Seguirá unha gran festa antroideira no campo da festa e no Local Social. Haberá merenda a base de produtos típicos de antroido moita música e festa. NON FALTARÁN Á SÚA CITA OS CEGOS DO ANTROIDO QUE RECITARÁN AS SÚAS COPLAS, NAS QUE NON ESQUECERÁN ÁS NOVAS MÁIS IMPORTANTES DA PARROQUIA E DO MUNDO MUNDIAL.
Este ano deixamos descansar o tractor e quedamos no campo da festa. Non faltes!!!!
A AC A Fervenza de Ouzande convida a todos os veciños e veciñas de Ouzande a celebrar o antroido na nosa parroquia.
venres, 25 de febreiro de 2011
mércores, 23 de febreiro de 2011
xoves, 6 de xaneiro de 2011
fotos presentación malas cartas de manuel pereira
Aí quedan as imaxes da presentación celebrada no MOME da Estrada, ao estar en obras o local de Ouzande, o pasado 4 de xaneiro de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)