E PARA DESPEDIR O 2014 AS FOTOS E A CRÓNICA DA RUTA DO NADAL.
Un total de 25 persoas responderon á convocatoria desta 5ª edición da Ruta de Nadal que levou aos camiñantes ao Castro de Arcos, no veciño Concello de Cuntis. Unha magnífica mañá, máis propia de outono que de inverno, serviu de marco dunha marcha de 11 km que levou aos sendeiristas desde a Igrexa de Ouzande ata o citado Castro, volvendo de regreso polo antigo encoro da Estrada e polo contorno da Fervenza de Ouzande e muíños que lucía unha espectacular paisaxe de inverno.
De volta, a Asociación premiou aos asistentes cunha visita guiada á igrexa de Ouzande, unha das xoias do románico estradense do século XII.
O
próximo xoves 25 de decembro,
a AC A Fervenza de Ouzande inicia o co seu programa de Actividades do
Inverno coa convocatoria da QUINTA edición da Ruta de Nadal. Na
mesma percorreremos o Roteiro
do Castro de Arcos.
A
Asociación convida a
pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente. Disfrutaremos da
paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén para
alixeirar a copiosa cea de Noiteboa.
A actividade é gratuíta.
Hora
de saída: 10:30, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:30
ao mesmo sitio.
Recoméndase
levar calzado cómodo e impermeable.
DATOS
DA RUTA
Percorrido:
11 km
LUGARES
DE INTERESE:
no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de
interese:
-Castro
de Arcos. Fermoso
promontorio, coas trazas de castro, pero que está sen escavar. Desde
o alto. obsérvanse fermosas panorámicas do Val da Anllada e do
monte Xesteiras. Recoméndase levar prismáticos, pois mesmo se chega
a ver a Ría desde o alto.
-Aldea
de Ferreiros. Pertence
ao concello de Cuntis, aínda que históricamente sempre existiu unha
grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
-Congostra
dos lobos. Para
chegarmos á aldea de Ferreiros utilizaremos antigas sendas que eran
utilizadas polos veciños de ambas parroquias, e sobre as que aínda
hoxe se escoitan moitas historias de lobos.
-Fervenza
e muíños de Ouzande. Contorno de 7 muiños e un pozo.
No camiño de volta atravesaremos este contorno, que da nome á
asociación. É unha zona de especial beleza pola vexetación que
conserva numerosas especies autóctonas (varias carballeiras, bosque
de acivros, vexetación dos cursos fluviais, salgueiros,
ameneiros...).
Os nosos amigos e amigas de Regato de Matamulleres convidaron á primeira edición das Noites de Raíz de Callobre aos grupos Recanto e Retrouso de Ouzande. Alí estiveron o pasado sábado 13 de decembro.
O pasado 12 de decembro a asociación puxo o ramo ao programa OUTONO NA FERVENZA DE OUZANDE coa charla divulgativa CAMIÑO ECOLÓXICO. Representantes da Fundación para o desenrolo ecolóxico de Galicia expuxeron as vantaxes medioambientais e económicas dun aproveitamento ecolóxico das nosas fincas. O público participou de forma activa con moitas observacións e preguntas que foron respondidas polos ponentes: Manuel Barcala, Nicolás Andión e Alfonso Uzal. Aí quedan as imaxes:
O
próximo venres 12 de decembro terá lugar unha charla divulgativa no
local social de Ouzande que comezará ás 8 e media da tarde.
Estará
impartida por representantes da Fundación para o Desenrolo Ecolóxico de
Galicia co título de “Camiño ecolóxico”. Explicarán as vantaxes de todo
tipo que pode ter dedicar as nosas fincas a cultivos ecolóxicos, tanto
económicas como medioambientais.
Aclararán
as nosas dúbidas sobre que tipo de produtos son os mellores para
cultivar, así como o mellor xeito de tirarlle a maior rendibilidade
económica, aproveitando así as propiedades que moitas veces temos
descoidadas e sen producir. A entrada é de balde parta todas as persoas interesadas.