xoves, 30 de setembro de 2010

inicio das clases de música e baile en ouzande 2010-2011

Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 2 de outubro no local do campo da festa ás 5 da tarde.
Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE e TAMBORIL.
Tamén convidamos ás participantes nas clases de pandeireta a traeren a mesma para interpretaren algunha peza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.
O horario da clase de GAITA será todos os sábados ás 11:30 da mañá.
Anímate a tocar algún instrumento ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vaste divertir.


fotos caixiña de mistos en ouzande

estivo o 12 de setembro nas festas de ouzande, tarde de cinema inolvidable para peques (e maiores...)

fotos fervenza de músicas 2010

Acórdaste que ben o pasamos?


martes, 7 de setembro de 2010

a caixiña dos mistos en ouzande

Para este domingo 12 de setembro temos preparada unha sesión de cinema infantil na CAIXIÑA DOS MISTOS. Trátase dunha caravana adaptada como sala de proxeccións na que se exhibirán diferentes peliculiñas dirixidas a rapaces e rapazas de 0 a 14 anos. A CAIXIÑA estará no Campo da Festa a partir das 6 da tarde, ata as 9 e media.
A CAIXIÑA DOS MISTOS é unha iniciativa de MrMISTO FILMS
Aí queda un video dunha canle de TV onde se informa sobre a actividade:

domingo, 5 de setembro de 2010

fervenza de músicas 2010


A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande e a Xunta Parroquial presentan a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

A Requinta da Laxeira (Sarandón)
Os Xeitosos de Trazo
Regato de Matamulleres (Callobre)
Gharatuzas (Santiago)
Retrouso (Ouzande)

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco.
Anímate e participa. Podes traer os teus instrumentos. A festa remata cando ti queiras.
Temos estas fermosas camisolas á venda na Taberna de Ouzande e no Café A Farola da Estrada. Tamén estarán á venda na Foliada.