domingo, 25 de maio de 2008
excursión ao lugo romano e rural
Como todos os anos por estas datas, dende hai sete anos, imos de excursión. Este ano temos un interesante programa que se centrará no lugo romano e rural.
Día: 1 de xuño de 2008
9:00 h. Saída da Taberna de Ouzande.
11:00. Visita a Santa Eulalia (Santa Baia, Santalla) de Bóveda. Monumento nacional. Templo de orixe romana, que conserva pinturas murais do século IV.
Ruta a pé: Nesta aldea existe unha fermosa ruta de 4 km,moi doada de andar, que poderán facer as persoas que o desexen. Levar calzado cómodo.
13:00. Visita Cidade de Lugo. Paseo pola Muralla romana.
14:00 Xantar á beira do río Miño
16:30. Visita aos restos do Lugo Romano: Casa dos Mosaicos, Exposición Lugo Romano, Centro Arqueolóxico, etc.
Na viaxe de regreso faremos unha parada en A Golada para visitar os seus famosos pendellos.
Prezos da viaxe. Para socios e socias:
8 euros(adultos)
3 euros(menores de 14 anos)
Gratis para menores de 6 anos.
Para o público en xeral: 12 euros.
Inscrición. Na taberna de Ouzande (986570285), ata o venres 30 de maio. Dispoñemos de 55 prazas. Así que a anotarse canto antes...
Xantar. Cada persoa/familia levará o xantar.
Recomendación importante. Levar calzado cómodo (nin tacóns, nin zapatos de “sola”). Tampouco estaría mal un pau, caxato, ou vara para apoiarse.
luns, 19 de maio de 2008
a ruta en imaxes
http://picasaweb.google.es/davidesenem/OuzandeMarcha17DeMaio2008
sábado, 17 de maio de 2008
luns, 12 de maio de 2008
III ruta das letras
O próximo sábado 17 de maio, a AC A Fervenza de Ouzande dará comezo co seu habitual programa de rutas a pé, IMOS ANDAR, coa III Ruta das Letras. Este ano percorreremos o Roteiro do Castro de Arcos e os camiños de lobos. Aasociación agasallará a todos e todas as participantes cun libro, para celebrar esta data tan sinalada. O libro será entregado ao final da ruta a todos e todas os participantes. Este ano a asociación quere sumarse á homenaxe que se está a preparar ao escritor estradense David Otero, e para iso os libros de agasallo serán obras deste autor, cedidas pola Editorial Galaxia, a quen agradecemos a súa desinteresada colaboración.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-Castro de Arcos. Fermoso promontorio, coas trazas de castro, pero que está sen escavar. Desde o alto. obsérvanse fermosas panorámicas do Val da Anllada e do monte Xesteiras. Recoméndase levar prismáticos, pois mesmo se chega a ver a Ría desde o alto.
-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que históricamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
-Camiño dos lobos. Para chegarmos á aldea de Ferreiros utilizaremos antigas sendas que eran utilizadas polos veciños de ambas parroquias, e sobre as que aínda hoxe se escoitan moitas historias de lobos.
- Fonte do Redondo. Xa de volta faremos unha parada no fermoso contorno da Fonte do Redondo, en Ouzande, onde a auga abrolla directamente desde o chan.