venres, 7 de agosto de 2015

aí ven o caldeiro penzo


No plano deste folleto agóchanse os misteriosos lugares que os participantes no GRAN XOGO DO CALDEIRO PENZO terán que descubrir para desenmeigar aos turistas encantados que xa temos na parroquia. E para que quererán o caldeiro penzo?
Se queres descubrilo, e pasalo ben, achégate o próximo domingo ao campo da festa de Ouzande ás 18:30 h. Dá igual a túa idade. Ademais é de balde.
 
XA SABES QUE NON O VAS ESQUECER FACILMENTE


Preparando os últimos detalles do GRAN XOGO DO CALDEIRO PENZO
















mércores, 5 de agosto de 2015

imaxes UNHA NOITE NO MUIÑO 2015

Como todos os anos no mes de agosto, A Fervenza de Ouzande celebrou UNHA NOITE NO MUIÑO, no contorno dos muiños da Fervenza da parroquia.  Unha concorrida velada, onde as familias chegan coa súa cea, despois de atravesar perto dun km polas congostras de acceso aos muiños, non sen algún que outro sobresalto ou susto nocturno e comparten conversa, música, cancións e bailes ata ben entrada a madrugada.
Foi o pasado sábado, 1 de agosto. Aí quedan as mellores imaxes.


O CALDEIRO PENZO




AC A FERVENZA DE OUZANDE 

Festas de Ouzande 2015

 GRAN XOGO DO CALDEIRO PENZO 

“Aí ven o San Lourenzo co caldeiriño penzo” 

Un grupo de turistas encantad@s están agardando polo desencantamento e para iso ti tes todo o poder. Se queres desencantalos ven o domingo 10 de agosto ao campo da festa de Ouzande ás 6 e media da tarde, hora na que comezará o rito para desenmeigar a estes turistas. Dá igual os anos que teñas. Para todas as idades e para todos os públicos. Gratuíto. Gran xogo do Caldeiro Penzo por todos os lugares de Ouzande. 

Non o vas esquecer facilmente. 
 Seguiremos informando

ESTE ANO NON CHOVE