O pasado sábado o Grupo Retrouso, acompañado do Orfeón Recanto, participou na primeira edición da actividade organizada polos bares da Zona dos Viños da Estrada e pola AC Regatos. Nunha mañá na que o tempo acompañou, unha decena de grupos chegados de diferentes puntos da zona animaron as rúas estradenses e os bares da zona. A actividade tivo unha exquisita organización e a festa prolongouse ata altas horas da noite.
luns, 24 de marzo de 2014
mércores, 19 de marzo de 2014
Retrouso e mais Recanto de Ouzande nos CANTOS DE TABERNA DA ESTRADA
O próximo sábado, 22 de marzo terá lugar a primeira edición dos CANTOS DE TABERNA DA ESTRADA organizados polos Bares da Zona dos Viños e pola AC Regatos. Retrouso, ben acompañado polo grupo de cancións Recanto, participará na festa da que vos deixamos o cartel anunciador. Estás convidado/a
Cartel cos horarios e bares
sábado, 15 de marzo de 2014
Imaxes do Antroido 2014 en Ouzande
As mellores imaxes do Antroido 2014. O pasado 1 de marzo, o OUZANDE FASION WEEK trouxo aos famosos e famosas á parroquia. Desfile e Fotocol. As catiuscas e as batas foron tendencia. As cegas cantaron as súas coplas e festa e merenda para todos.
coplas das cegas 2014
sábado, 1 de marzo de 2014
cambios na programación do antroido 2014
Por causa das condicións metereolóxicas previstas para o día de hoxe, queda suspendida a caravana antroideira en tractor pola parroquia. A partir das 7 da tarde
merenda
e gran festa de disfraces no local social.
Pase de modelos, PHOTOCALL DE FAMOSEO, DJ´S..... e moita festa.
Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para
todos e todas. NON FALTES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)