xoves, 25 de febreiro de 2010
presentación de carreiros 8
CARREIROS Á MERENDA
O domingo 28 de febreiro ás 6 da tarde, no local de Ouzande terá lugar a presentación do nº 8 da revista Carreiros, publicada pola Asociación.
O acto consistirá na presentación do novo Carreiros, e na proxección de imaxes e videos sobre a mesma.
Tamén se proxectará a video reportaxe A INAUGURACIÓN DAS BEIRARRÚAS DE OUZANDE, que tivo lugar o pasado sábado de Antroido
A revista consta das seccions habituais:
Editorial
Colaboracións
Memória fotográfica
Memoria da Emigración (III)
Creación Literaria
Crónica de actividades
Ás que se suman dúas novas seccións que terán continuidade en próximos números:
Historias de casas (artigos sobre casas senlleiras da parroquia)
Os nomes de Ouzande (artigos sobre a toponimia da parroquia)
REMATAREMOS COMPARTINDO UNHA RICA MERENDA
martes, 23 de febreiro de 2010
domingo, 21 de febreiro de 2010
antroido 2010 en imaxes
Aí queda a reportaxe da inauguración das beirarrúas de Ouzande, que tivo lugar o Sábado de Antroido de 2010 (se non ves ben a imaxe ao largo, pica nela para entrares no youtube e vela completa)
E mais unhas fotos da comparsa pola parroquia...
... e da festa no local
E mais unhas fotos da comparsa pola parroquia...
... e da festa no local
mércores, 10 de febreiro de 2010
antroido 2010
SÁBADO DE ANTROIDO
Sábado 13 de febreiro 2010
A partir das 16:45 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.
Horario aproximado:
17:15 da tarde: saída do campo
17:30: O Tallo
18:00:. O Castro
18:15: O Picoto e o Redondo
18:35: Alemparte e O Formigueiro
19:00: O Topete
19:15: Igrexa
E como remate a partir das 19:30 da tarde, merenda e gran festa de disfraces no local social. Música, animación e degustación dos produtos típicos do antroido. A AC A Fervenza de Ouzande convida a todos os veciños e veciñas de Ouzande, e da Estrada en xeral a participar da festa e da diversión neste Antroido. Se queres vir preparar e adornar o tractor que nos servirá de carroza, quedamos ese día (sábado 13, ás 11 da mañá no campo)
RAPACES E RAPAZAS DE OUZANDE!
NON QUEDEDES NA CASA NO ANTROIDO
E VIDE COS VOSOS DISFRACES
A PASALO BEN E DIVERTIRSE MOITO

video a fervenza 2009
Aí quedan as mellores imaxes das actividades do 2009 que proxectamos na Asemblea Anual. O documental está dividido en tres partes para que o poidas ver mellor. Foi realizado por Manuel de Topete
primeira parte
segunda parte
terceira parte
primeira parte
segunda parte
terceira parte
martes, 9 de febreiro de 2010
Xunta xeral
O domingo 7 de febreiro de 2010 celebrouse a Xunta Xeral Anual da Asociación na que os acordos máis importantes foron:
1. Renovación da Xunta Directiva. Elixiuse por unanimidade a seguinte Xunta:
Presidente: Xabier Camba Sanmartín
Vicepresidenta: Natalia Carbajal Porto
Secretario: Manuel Rosende Torres
Tesoureira: Rosa Herraiz Cabanas
Vogais:
Julio Porto Paramá
Mariluz Rodríguez Pazos
Manuel Bouzón Fernández
Loli Camba Cabanas
Manuel Porto Gestoso
Laura Rosende Torres
Xabier Adán Ayude Sánchez
Noelia Bouzón Docampo
Alexandre Ayude Sánchez
Cristina Riveira Porto
Tamén se aprobou unha suba nas cotas da asociación, acordada por unanimidade. Así as novas cotas son:
Infantil (até os 16 anos): 3 euros
Estudante: 5 euros
Normal: 8 euros
Deuse conta da memoria económica e de actividades e disfrutamos dun video coas mellores imaxes de 2009.
Para rematar tomamos chocolate quente con biscoito.
Aí quedan as fotos

sábado, 6 de febreiro de 2010
xunta xeral anual
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL ANUAL
Convócase a todos os socios e socias á Xunta Xeral anual da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, que terá lugar o domingo 7 de febreiro ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
Informe de xestión.
Informe de actividades(con proxección de fotografías e videos)
Informe económico.
Elección de Xunta Directiva.
Programación anual.
Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito.
En Ouzande, A Estrada, febreiro de 2010.
PD.
1. É moi importante aistir á reunión para que entre todos colaboremos na boa marcha da asociación, e na proposta e organización de actividades. Recorda que a Asociación somos todos e todas.
2. Na taberna de Ouzande están a disposición de todos os socios e socias os recibos da cota anual correspondente a este ano, e os pendentes do ano anterior (para os socios/as que non pagaron aínda). Recorda que para a organización das actividades é moi necesario dispoñer dos recursos económicos que xeramos

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)