Esta primavera, despois de 18 anos sen interrupción, non imos andar.
Pero volveremos subir ao monte todos e todas xuntas. 50 rutas +1 en 50
fotos + 1. Seguimos a andar.
Agardamos que goces con este vídeo, tanto coma nós facéndoo, e sobre todo andando e falando polos camiños.
martes, 5 de maio de 2020
luns, 4 de maio de 2020
ASÍ FOI O ANTROIDO 2020 EN OUZANDE
Xa pasou un tempo, pero non esquecemos a feesta celebrada o sábado 22 de febreiro no local social de Ouzande convertido para a ocasión nun saloon do afastado oeste.
En
OUeste non faltaron ningún dos personaxes típicos: sherifes,
bandoleiros, xogadores, buscarrecompensas, indios en indias, camareiros,
pistoleiras, mesmo buscadoras de ouro, na procura de fortuna. Durante
toda a noite os asistentes ao saloon compartiron música típica,
diversión e algo de picar. Non faltou un suceso en forma de atraco a un
banco que mantivo en vilo aos asistentes.
Festa divertida e moi concorrida no antroido ouzandés.
As mellores imaxes picando na foto:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)