O pasado 12 de outubro, unha
vintena de persoas partiron puntuais da igrexa de Ouzande respondendo á
convocatoria da Fervenza de Ouzande, para percorrer os 14 km de roteiro
que levaron aos camiñantes ao Castro de Arcos, desde o que puideron
gozar de fermosas vistas panormámicas. O regreso, puntual tamén, levou
aos participantes de novo ao adro de Ouzande despois de disfrutar do
contorno da fervenza e muíños de Ouzande, os fermosos camiños dos montes
da parroquia, a congostra dos lobos camiño do lugar de Ferreiros, no
veciño concello de Cuntis, e a parada para refrescarse na Fonte do
Redondo de Ouzande. Como sempre nun gran ambiente de compañeirismo e
conversa, os participantes quedaron citados para a próxima ruta que
organizará a asociación o próximo día de Nadal no mes de decembro.
Aí quedan as mellores imaxes da xornada
luns, 21 de outubro de 2013
martes, 8 de outubro de 2013
ruta doutono 2013
En outono tamén imos andar
O próximo sábado 12 de outubro, a AC A Fervenza de Ouzande continuará co
seu programa de Actividades do Outono coa convocatoria da I Ruta do Outono.
Percorreremos o Roteiro do Castro de Arcos. Son 11 km de percorrido que
inclúen a subida ao castro de Arcos, que nos ofrece unhas magníficas vistas
panorámicas e o paso polo lugar de Ferreiros, no veciño concello de Cuntis. Na
actividade poden participar todas as persoas que o desexen e é gratuíta.
Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.
Hora de saída: 10:00, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as
13:30 ao mesmo sitio.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido
habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
- Fervenza e
muíños de Ouzande. Contorno de 7 muiños e un pozo. É unha zona de especial beleza pola
vexetación que conserva numerosas especies autóctonas (varias carballeiras,
bosque de acevos, vexetación dos cursos fluviais, salgueiros, ameneiros...).
-Castro de
Arcos. Fermoso
promontorio, coas trazas de castro, pero que está sen escavar. Desde o alto.
obsérvanse fermosas panorámicas do Val da Anllada e do monte Xesteiras.
Recoméndase levar prismáticos, pois mesmo se chega a ver a Ría desde o alto.
-Aldea de
Ferreiros. Pertence
ao concello de Cuntis, aínda que históricamente sempre existiu unha grande
relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
-Camiño dos
lobos. Para
chegarmos á aldea de Ferreiros utilizaremos antigas sendas que eran utilizadas
polos veciños de ambas parroquias, e sobre as que aínda hoxe se escoitan moitas
historias de lobos.
- Fonte do Redondo. Xa de volta faremos unha parada no
fermoso contorno da Fonte do Redondo, en Ouzande, onde a auga abrolla
directamente desde o chan.
xoves, 3 de outubro de 2013
HORARIOS CLASES DE MÚSICA E BAILE 2013-2014
BAILAS?
AÍNDA QUEDAN PRAZAS LIBRES.
NECESITAMOS BAILADORES E BAILADORAS PARA PODER FACER A CLASE DE BAILE!!
Anímate e participa.
Achégate este sábado, ao local social de Ouzande, nos horarios indicados, e na clase que che interese.
Acordeón: 10:30 horas
Gaita iniciación: 11:30 horas
Gaita perfeccionamento: 12:30 horas
Tambor: 11:30 horas
Pandeireta: 16:30 horas
Cancións tradicionais: 22:00 horas
Baile: sen definir, será o sabado pola tarde/noite. Se estás interesado neste clase achégate este sábado día 5 ao local de Ouzande as 16:30 horas.Inscríbete enviando un correo a: carreirosouzande@gmail.com
Aí queda unha imaxe da reunión de presentación dos cursos. Sempre o pasamos ben!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)