venres, 27 de decembro de 2013
mércores, 25 de decembro de 2013
Imaxes da IV Ruta de Nadal 2013
Ao final, a pesar dos precedentes e das previsións metereolóxicas puido
realizarse a IV Ruta de Nadal da Fervenza de Ouzande, xa que unha ducia
de valentes responderon á convocatoria da asociación. Os participantes
non so cumpriron o programa previsto, senón que o fixeron con sobrado
bo humor e con gañas de poñerlle boa cara ao temporal, que nalgún intre
se fixo presente en forma de chuvia e sarabia. Pasadas as 13 horas os
sendeiristas regresaban ao punto de partida sen percance e sen ningunha
incidencia negativa agás ter que sortear algunhas árbores derrubadas
pola borrasca do día anterior e que atrancaban os camiños.
Resúmese nas palabras dunha participante, que ao chegar solicitaba en ton
humorístico o "carné de valente", que seica se repartía....
Aí quedan as mellores imaxes da xornada
domingo, 22 de decembro de 2013
Recanto canta ao Nadal 2013
Pois iso, que non falte a música... Boas festas para todos e todas. Que o disfrutedes
xoves, 19 de decembro de 2013
IV feliz ruta de nadal 2013
atréveste?
Un ano máis imos andar o día 25 de decembro.
Se queres, este é o plan:
Roteiro Ouzande-Ferreiros-A Somoza
Percorrido: 10 km
Saída e chegada: Igrexa de Ouzande. 10:30 a 13:30.
Dificultade baixa.
Recoméndase levar calzado cómodo, e ter en conta as previsións metereolóxicas.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
-Aldea de Ferreiros. Pertence ao concello de Cuntis, aínda que históricamente sempre existiu unha grande relación entre os seus habitantes e os veciños de Ouzande.
-Congostra dos lobos. Saíndo de Ferreiros utilizaremos antigas sendas que eran utilizadas polos veciños de ambas parroquias, e sobre as que aínda hoxe se escoitan moitas historias de lobos. Encamiñaremos á Somoza.
-Lugar de Bargo. Fermoso lugar da parroquia da Somoza, que atravesaremos para retornar de novo os carreiros do monte desta parroquia. Rodeado de mestas carballeiras e terras de labradío.
-Fervenza e muíños de Ouzande. Contorno de 7 muiños e un pozo. É unha zona de especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies autóctonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación dos cursos fluviais, salgueiros, ameneiros...). Percorrerémola na parte final do recorrido.
as mellores imaxes da festa doutono 2013
O pasado 16 de novembro tivo lugar no local de Ouzande unha animada Festa de Outono. Na mesma participaron ducias de persoas que puideron degustar as ricas castañas asadas, chourizos e viño novo. Tamén probaron os ricos doces que máis de 15 socias e socios realizaron a base de castañas.
A festa completouse coas actuacións musicais do grupo de pandereteiras da asociación, do grupo de cancións Recanto, e con Retrouso, que fixeron as delicias dos asistentes. Aí quedan as mellores fotografías:
A festa completouse coas actuacións musicais do grupo de pandereteiras da asociación, do grupo de cancións Recanto, e con Retrouso, que fixeron as delicias dos asistentes. Aí quedan as mellores fotografías:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)