A AC A Fervenza de Ouzande convoca aos socios e socias á súa Xunta Xeral anual, que terá lugar o domingo 20 de xaneiro de 2013 ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión do ano 2012
Informe de actividades(con proxección de fotografías e vídeos)
Informe económico.
2. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2013
3. Programación anual.
4. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito.
sábado, 19 de xaneiro de 2013
xoves, 17 de xaneiro de 2013
Imaxes da presentación de INTERIOR CON FROITEIRO E FERIDAS
O pasado 3 de xaneiro tivo lugar a presentación do novo libro de poemas do escritor ouzandés, Manuel Pereira Valcárcel, Interior con froiteiro e feridas. No acto, ademais do autor, participou a filóloga Chuni Canal Covelo e tamén tivemos a ocasión de disfrutar da lectura dun dos poemas por parte da actriz e cantante Maite Dono. O público respondeu moi satisfactoriamente á convocatoria, ateigando o local social de Ouzande.
mércores, 2 de xaneiro de 2013
Presentación do novo libro de Manuel Pereira en Ouzande
PRESENTACIÓN DE INTERIOR CON FROITEIRO E FERIDAS DE MANUEL PEREIRA VALCÁRCEL
O xoves 3 de xaneiro Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande
A partir das 20:30 horas, no local social de Ouzande (A Estrada), o autor ouzandés Manuel Pereira Valcárcel, residente en Madrid, presentará a súa última obra literaria, o libro de poemas INTERIOR CON FROITEIRO E FERIDAS.
No acto participará, presentando o libro co autor, a filóloga Chuni Canal Covelo, que traballou como lectora de galego na Universidade Complutense de Madrid, onde entrou en contacto co escritor ouzandés.
Gustaríanos moito contar coa túa presenza neste acto
martes, 1 de xaneiro de 2013
imaxes filmou 2012
30.12.12.O FilmOU ofreceuse como unha actividade de resumo, a través de 12
películas documentais, das actividades levadas adiante pola asociación
no transcurso do 2012. Ademais presentouse coa fasquía dun Festival de
Cinema, con títulos tan suxerentes como: Fachicos de Lume, A lot of
pipers, Brave Arcos Mountain, Un conto de Nadal, O penalti máis longo do
mundo, etc., que resumían actividades como os Xogos OUlímpicos, rutas
de sendeirismo, excursión anual, actividades festivas e musicais.....
Concedéronse diversos premios, os globos de prata, como "mellor actriz",
"mellor guión adaptado", "mellor banda sonora", e outros ao estilo de
calquera festival que se precie. Tampouco faltou o glamour da alfombra
vermella pola que entraron os verdadeiros protagonistas: os socios e
socias da asociación, participantes das actividades, ou non. O Filmou
constituiu tamén un encontro da comunidade asociativa, que tivo unha moi
boa resposta, con perto de 50 asistentes, que compartiron merenda e
conversa amigable ao rematar as proxeccións. Sen dúbida unha magnífica
despedida do ano asociativo da Fervenza de Ouzande
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)