Unha decena de persoas acudiu á convocatoria da asociación. A pesar das
malas previsións meteorolóxicas, a mañá do domingo foi moi agradable
para o paseo, anubrada e mesmo con momentos nos que o sol asomaba. O
grupo completou o percorrido previsto facendo parada nos lugares máis
destacados do recorrido e admirando a paisaxe outonal, na que destacou
unha notable presenza de cogomelos de diversas especies.
Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos da ruta.
venres, 25 de outubro de 2019
martes, 22 de outubro de 2019
Festa dOUtono en OUzande. Música e castañas
FESTA
DE OUTONO_MÚSICA E CASTAÑAS
A Asociación continúa co seu programa DE OUTONO, coa celebración da Festa
de Outono que terá lugar o próximo sábado 26 de OUTUBRO.
A partir das 20:30 da noite no Campo da Festa de Ouzande celebramos a festa
das castañas en Ouzande.
Haberá castañas asadas e viño novo, de balde para todos os asistentes. Tamén teremos un servizo de bar con chourizos
asados a prezo módico para completar a festa.
Non
faltará a música cos compoñentes de RETROUSO e convidamos aos
asistentes a traeren os seus instrumentos para participar da festa
sábado, 19 de outubro de 2019
VOLVEMOS COAS CLASES DE CANTO!!!
Se estás interesado/a, se che gusta cantar, se queres probar, se o queres pasar ben..., pois entón, ven o mércores día 23 ás 21:30 horas a
unha reunión informativa no local social de Ouzande.
Informarase
a todas as persoas asistentes sobre a nova clase de canto que temos
preparada. Contaremos cunha nova profesora, e cun novo horario.
Para
todas as idades, pode participar quen queira nesta interesante
actividade.
luns, 14 de outubro de 2019
RUTA DE OUTONO. Ruta ao Castro de Arcos
A AC A Fervenza de Ouzande inicia o seu programa de outono coa celebración, un ano máis, da ruta de Outono. Este ano imos subir ao Castro de Arcos, no veciño concello de Cuntis.
Domingo 20 de outubro de 2019
Hora de saída; 9:30, diante da Igrexa de Ouzande.
Chegada sobre as 13:30 ao mesmo sitio.
12,5 km de percorrido, dificultade media baixa.
Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.
A ruta só se suspenderá se as condicións meteorolóxicas impiden a súa realización.
A actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o desexen, socias ou non socias.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese:
Castro de Arcos. Sito no Concello de Cuntis. Fermoso promontorio, coas trazas de castro, pero que está sen escavar. Desde o alto. obsérvanse fermosas panorámicas do Val da Anllada e do monte Xesteiras. Recoméndase levar prismáticos, pois mesmo se chega a ver a Ría desde o alto.
Encoro da Estrada: Descenderemos pola beira do antigo encoro que abastecía de auga á vila da Estrada, convertido hoxe en día nunha lagoa na que destaca a vexetación propia de ribeira así como a presenza dalgunhas aves migratorias nalgunhas épocas do ano.
Espazos naturais e paisaxe: A ruta combina espazos naturais autóctonos con zonas moi deterioradas polo efecto do home nas que se fixeron grandes plantacións de eucaliptos mesmo en zonas de humedais e turbeiras de gran valor ecolóxico. Tamén, recentemente, foron instalados varios muíños de vento, cuxas obras provocaron certo impacto na contorna e o deterioro de algunhas paraxes.
venres, 11 de outubro de 2019
Horarios definitivos. Clases de música e baile. Curso 2019-20
SABADO
MAÑÁ
ACORDEÓN
11:15
11:15
Profesor: Marcos Varela.
GAITA (Iniciación)
12:00
Profesor: Marcos Varela.
GAITA (Avanzado)
12:30
Profesor: Marcos Varela.
12:30
Profesor: Marcos Varela.
TAMBORIL
11:30
11:30
Profesor: Xosé Martíns,
Fofi
SÁBADO TARDE
PANDEIRETA (Iniciación)
18:00
Profesora: Silvia Martínez
PANDEIRETA (Avanzado)
19:00
Profesora: Silvia Martínez
BAILE
20:30
Profesora: Silvia Martínez
As imaxes da primeira xornada de clases picando na foto:
venres, 4 de outubro de 2019
Inicio das clases 2019-20
SABADOS
MAÑÁ
ACORDEÓN
11:30 a 12:30
11:30 a 12:30
Profesor: Marcos Varela.
GAITA (Iniciación)
12:00
Profesor: Marcos Varela.
GAITA (Avanzado)
12:30 a 13:45
Profesor: Marcos Varela.
12:30 a 13:45
Profesor: Marcos Varela.
TAMBORIL
11:30 a 12:30
11:30 a 12:30
Profesor: Xosé Martíns,
Fofi
SÁBADOS TARDE
PANDEIRETA
19:00
Profesora: Silvia Martínez
BAILE
20:30
Profesora: Silvia Martínez
Así foi a presentación das clases 19-20. Concerto de Invernía
O pasado 21 de setembro tivo lugar en Ouzande a presentación das clases de música e baile en Ouzande, nunha tarde noite chuviosa, na que a Banda de Gaitas Invernía puxo a música e a calor.
Aí quedan as fotos, picando na imaxe:
Aí quedan as fotos, picando na imaxe:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)