martes, 26 de decembro de 2017

Así foi a Ruta de Nadal 2017

 
 
14 valentes responderon á convocatoria da Fervenza de Ouzande, a pesar das previsións de chuvia que parecían cumprirse cunha mañá desapracible, pero que remataron por respectar aos camiñantes que recorreron os 12 km previstos sen mollarse e nun inmellorable ambiente de camaradería para andar e falar, pasando unha mañá de Nadal diferente. Gozaron de fermosísimas paisaxes de inverno a través dos montes da Somoza e Ouzande e atravesaron lugares con encanto como os de Bargo, Castrorramiro e Carballeira na parroquia da Somoza. Ás  13:15 horas en punto, seguindo o previsto, regresaron á Igrexa de Ouzande. Xa outra vez con fame.
 
Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos da Ruta:
 
https://photos.app.goo.gl/RkzprkLDPUTyHyPR2
 

xoves, 21 de decembro de 2017

Feliz RUTA DE NADAL EN OUZANDE. 2017

ATRÉVESTE?




 EN NADAL TAMÉN IMOS ANDAR
O próximo luns 25 de decembro, a AC A Fervenza de Ouzande inicia o co seu programa de Actividades do Inverno coa convocatoria da OITAVA edición da Ruta de Nadal. Nesta ocasión escolleuse a Ruta a Castrorramiro (A Somoza).
A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente. Disfrutaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa. A actividade é gratuíta.
Hora de saída: 10:15, diante da Igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:15 ao mesmo sitio.
11 km de percorrido, dificultade baixa.
Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.
A ruta só se suspenderá se as condicións metereolóxicas impiden a súa realización.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de interese: 
- No transcurso da ruta atravesaremos varias masas de bosque autóctono con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros, e vexetación de ribeira, á beira dos numerosos regatos que cruzaremos no percorrido.
-Lugar de Castrorramiro. Fermoso lugar da parroquia da Somoza, que conserva numerosas costrucións tradicionais e a estrutura de pequeno nucleo rural con ruelas e fermosos recunchos.
-Pozo da Freixa ou Fírvida. Contorna con muíños e unha fervenza, ademais dun pozo de considarables dimensións para facer un descanso.

Cea de Nadal

Xa é tradición ir cear ao Xarro de Aguións arredor das datas do Nadal. Boa festa e boa compaña, cos nosos amigos dos Regatos. Así foi a cea das clases de música da Fervenza de Ouzande do pasado 15 dde decembro. Para ver máis fotos, pica na imaxe:


https://photos.app.goo.gl/PAnfeZMCRrmneSGw2

RECANTO EN ARÍNS

O pasado 25 de novembro fomos cantar a Aríns, ao seu IV Serán. Tamén estaba prevista a actuación de Retrouso, que non puido poarticipar no evento, sendo substituídos polos nosos amigos e amigas do grupo Nai. Gran festa con todas estas formacións:



Picando nesta imaxe podes ver as mellores fotos do evento:

https://photos.app.goo.gl/PAnfeZMCRrmneSGw2