martes, 22 de novembro de 2011

presentación andar carreiros

O próximo 27 de novembro de 2011 a AC A Fervenza de Ouzande vai celebrar o acto central dos dez anos da súa historia desde a súa fundación no ano 2001. O acto consistirá na estrea do documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DE FERVENZA DE OUZANDE. Así mesmo, contaremos coa participación da actriz, escritora e contacontos Paula Carballeira que será a madriña do evento. A actividade dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no local social de Ouzande, sito no Campo da Festa. Ao rematar a proxección, todas as persoas asistentes poderán compartir unha merenda á que convida a Asociación. Este acto, aínda que é aberto ao público en xeral, está pensado especialmente para os socios e socias da Fervenza de Ouzande, así como para os veciños e veciñas da parroquia.
De feito, o próximo 16 de decembro realizarase unha presentación e proxección do documental no Museo do Moble da Estrada (MOME) á que se covidará a todo o tecido asociativo, institucións e público en xeral.

comezo curso de poda

O próximo sábado, día 27 de novembro comeza o curso de poda. Seguirá os días 3 e dez de decembro.

fotos festadoutono 2011

Castañas, viño, chourizo, festa, fútbol, de todo..., o pasado 12 de novembro

inicio clases 2011-2012

Este ano con novidades. Temos clases de acordeón!!

fervenza de músicas, fotos

Moita festa e animación hna IV Fervenza de Músicas o pasado 9 de setembro

unha noite no muiño 2011, fotos

Fomos pasar outra noite no muiño inolvidable o pasado 27 de agosto

Mago José Rivera, fotos

Nas festas de Ouzande, maxia no local a cargo do Mago José Rivera

as trincadeiras 2011

Sesión dupla de cine. O Espírito das Trincadeiras de Seném Outeiro o 25 de xuño en Ouzande

Lumeiro 2011, fotos

Fotos da festa do lumeiro deste ano

mércores, 9 de novembro de 2011

festa de outono 2011

Sábado 12 de novembro.A partir das 7 da tarde no Campo da Festa de Ouzande. Celebramos a festa das castañas asadas en Ouzande. Haberá castañas e viño novo, de balde para todos os asistentes. Tamén teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa. Non faltará a música cos compoñentes de Retrouso. Convidamos a todos a traer os seus instrumentos para participar da festa. NO TRANSCURSO DA FESTA PROXECTAREMOS NO LOCAL AS IMAXES DO TORNEO DE FÚTBOL TRIANGULAR MIXTO CELEBRADO NA FESTA DO SOCORRO DO PASADO SENTEMBRO

mércores, 2 de novembro de 2011

curso de poda

Vai chegando o tempo da poda e dende a Asociación ofrecémosche a posibilidade de adquirir coñecementos básicos para faceres este labor como é debido. O noso veciño, José Loureiro, impartirá un curso no Local do campo da festa que incluirá unha fase teórica (tratamentos, abonos, poda, enxertos...) e unha fase práctica de poda. Os contidos e datas do curso presentaránse nunha reunión informativa este sábado día 5 de novembro ás 7 da tarde no Local de Ouzande. Se estás interesado/a convidámoste a participar nesta reunión, na que te poderás inscribir para o curso, que comezará o sábado 26 de novembro.