mércores, 25 de abril de 2018
Presentación de ALBAS e EPÍLOGOS. Un novo libro de Manuel Pereira en Ouzande
A Fervenza de Ouzande continua co seu programa de actividades de primavera e dá comezo a un mes de maio repleto de actividades.
A primeira será a presentación dun novo libro do escritor ouzandés afincado en Madrid, Manuel Pereira Valcárcel. Trátase dunha nova proposta poética baixo o título Albas e epílogos.
A presentación terá lugar o próximo venres 4 de maio ás 20:30 horas no Local Social de Ouzande. Ademais do autor, que falará da súa obra e recitará algúns dos seus poemas, contaremos coa presenza da escritora estradense Nieves Soutelo, que fará a presentación do libro.
Obradoiro de plantas medicinais e o seu aproveitamento. As imaxes.
O local de Ouzande acolleu o pasado sábado 21 de abril un interesantísimo obradoiro de recoñecemento e usos das plantas medicinais que temos na nosa contorna máis próxima. As corenta persoas participantes gozaron co bo facer e os coñecementos de Montse Fernández Búa, de Bio Tenda Casa Xorxeira. Diversas aplicacións con alcohois, aceites e auga saíron das súas mans para satisfacción da concorrencia. Tarde de aprendizaxe en boa compaña en Ouzande.
Se queres ver as mellores fotos do evento pica na seguinte imaxe:
Se queres ver as mellores fotos do evento pica na seguinte imaxe:
xoves, 12 de abril de 2018
Obradoiro de plantas medicinais e o seu aproveitamento en Ouzande
PROGRAMACIÓN PRIMAVERA 2018
OBRADOIRO DE APROVEITAMENTO DE PLANTAS
MEDICINAIS
O obradoiro ten como obxectivo o
recoñecemento de plantas aromáticas e medicinais que temos ao noso
arredor, así como a elaboración de substancias para diferentes usos: cosméticos ou
terapéuticos. Tamén se traballará a extracción de propiedades das
plantes a través de alambiques. Os asistentes levarán mostras dos
produtos elaborados.
A obradoiro será impartido por Montse
Fernández Búa, agricultora ecolóxica e especialista no
aproveitamento de plantas e recursos naturais para diferentes
utilidades. Rexenta a Bio Tenda Casa Xorxeira na Praza de Abastos da
Estrada.
A actividade enmárcase dentro da
filosofía da Asociación de achegar aos seus asociados e público
xeral información teórica e práctica sobre un uso responsable e
limpo dos recursos naturais que nos rodean.
A sesión terá lugar o próximo 21 de
abril, sábado, a partir das 6 da tarde no local social de Ouzande.
O prezo será de 3 euros para socios e
socias e de 8 euros para persoas non socias. As prazas son limitadas.
Poderanse inscribir na Taberna de Ouzande (986570285) ou no correo
electrónico da asociación carreirosouzande@gmail.com
Así foi a charla informativa sobre a praga das velutinas.
O pasado 2 de marzo o local social de Ouzande encheuse de para participar na charla informativa sobre a praga das velutinas en Galicia a cargo do doutor en Bioloxía Xulio Maside, da Universidade de Santiago. O investigador forma parte do grupo que está a analizar a incidencia da
velutina en Galicia dende diversas perspectivas así como para propor
medidas para a súa erradicación realizado pola Universidade de Santiago e
a Deputación da Coruña. Maside pertence ao grupo de Xenómica de
Parásitos do CiMUS e investiga a posibilidade de que parasitos
autóctonos galegos podan chegar a afectar ás velutinas.
O prestixioso científico abordou o tema de xeito moi claro e achegando un punto de vista honrado e crítico con determinadas prácticas que hoxe se están a dar para tratar de abordar o tema. Charla moi amena e excelentemente documentada que aportou aos asistentes novos puntos de vista de cara a posibles solucións para combater a praga.
Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos do evento:
O prestixioso científico abordou o tema de xeito moi claro e achegando un punto de vista honrado e crítico con determinadas prácticas que hoxe se están a dar para tratar de abordar o tema. Charla moi amena e excelentemente documentada que aportou aos asistentes novos puntos de vista de cara a posibles solucións para combater a praga.
Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos do evento:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)