Amosando publicacións coa etiqueta outono 24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta outono 24. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de novembro de 2024

FESTA DOUTONO EN OUZANDE 2024

Este sábado, 9 DE NOVEMBRO festa de outono en Ouzande.
A partir das 8 da noite no local social do campo da festa.
Música a cargo das agrupacións musicais da asociación e tamén convidamos aos/ás asistentes a traer os seus instrumentos. 
Castañas asadas e viño novo de balde. Haberá servizo de bar con chourizos asados e bebidas a prezos económicos. Tamén haberá xogos populares para todas as idades. 

As castañas xa están agardando...
 


luns, 23 de setembro de 2024

HORARIOS E PROFESORADO DAS CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL. CURSO 2024-2025

HORARIOS DAS CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN OUZANDE

MÉRCORES
 
CANTO TRADICIONAL
19:45 a 20:45
Profesor: ANTÓN CALVO
Inicio: 2 de outubro

VENRES
 
GAITA (tamboril/bombo)
19:30 a 20:30
Profesor: RAMÓN MARIL
Inicio: 4 de outubro

PERCUSIÓN (tamboril/bombo)
20:30 a 21:30
Profesor: RAMÓN MARIL
Inicio: 4 de outubro

SABADOS
 
PANDEIRETA (Iniciación)
17:00 a 18:30
Profesora: SILVIA MARTÍNEZ
Inicio: 5 de outubro
 
PANDEIRETA (Perfeccionamento)
18:00 a 19:30
Profesora: SILVIA MARTÍNTEZ
Inicio: 5 de outubro

BAILE TRADICIONAL
19:30 a 21:00
Profesora: SILVIA MARTÍNEZ
Inicio: 5 de outubro

Xa podes inscribirte nas clases de música tradicional da Fervenza de Ouzande. As disciplinas son: GAITA, PERCUSIÓN, PANDEIRETA, BAILE E CANTO TRADICIONAL. Dá igual o nivel que teñas, na Fervenza de Ouzande temos un sitio para ti. As clases comezarán nas datas e horas que se indican. Achégate para informarte ou anotarte.

Máis información en:

carreirosouzande@gmail.com
https://www.facebook.com/afervenza.deouzande
@fervenzadeouzande