Aí tés os horarios, profesorado e data de inicio:
MÉRCORES
GAITA (iniciación)
BAILE TRADICIONAL
Aí tés os horarios, profesorado e data de inicio:
O pasado venres, 18 de setembro, máis de 70 persoas ateigaron o local social de Ouzande para acompañar a Rosa de Cabanas, na presentación do seu primeiro libro, 12 mulleres sen rostro, publicado pola Editorial Galaxia.
No acto, conversaron coa autora, o representante da editora, Xesús Domínguez e a actriz, escritora e narradora oral, a nosa querida Paula Carballeira.
O acto estivo cheo de cariño e emotividade e rematou cunha merenda de convivencia para todas as persoas asistentes.
O grupo de música tradicional da Asociación, Retrouso, puxo o acompañamento musical ao evento.
Picando na imaxe poden verse as mellores fotos da presentación.
O sábado 20 de xuño, a partir das 20 horas, no campo da festa de Ouzande, tivo lugar o peche festivo das clases de música, baile e canto tradicional correspondente ao presente curso 2025-2026, que incluíron as disciplinas de gaita, percusión, canto, pandeireta e baile tradicional.
O evento iniciouse coas actuacións do alumnado a fin de mostrar a súa progresión nas diferentes disciplinas das clases, ás que asistiron regularmente máis de trinta e cinco persoas durante todo o curso.
Os máis de 60 asistentes compartiron unha merenda de convivencia e unha foliada que puxo remate á celebración.
Podes ver as mellores fotos da festa picando nesta imaxe:
Un grupo formado por 55 excursionistas participou un ano máis na excursión anual da Fervenza de Ouzande o pasado domingo, 7 de xuño.
Este sábado, 20 de xuño, a partir das 20 horas, no campo da festa de Ouzande, terá lugar o peche festivo das clases de música, baile e canto tradicional correspondente ao presente curso 2025-2026, que incluíron as disciplinas de gaita, percusión, canto, pandeireta e baile tradicional. Máis de 30 persoas acudiron á súa cita semanal nestas modalidades.
O evento do próximo sábado iniciarase coas actuacións do alumnado a fin de mostrar a súa progresión nas diferentes disciplinas das clases.
Convidamos tamén a que as persoas que o desexen traian os seus instrumentos e ganas de pasalo ben para continuar coa festa.
Haberá servizo de bar.
Estás convidada
Estás convidado
ANDANDO CAMIÑOS
EXCURSIÓN Á ENSEADA DE SAN SIMÓN( Illa de San Simón, Centro de Interpretación da Batalla de Rande, Pontesampaio, Salinas do Ulló)
Domingo 7 de xuño de 2026
Programa:
9.00. Saída (Igrexa de Ouzande)
Parada Café
Barco a San Simón dende o porto de Cesantes
Visita guiada Illa de San Simón
Visita Museo da Batalla de Rande (ao pé da Ponte de Rande)
Xantar en Pontesampaio
Visita paseo polas Salinas de Ulló
21: Chegada a Ouzande
25 euros para persoas socias
15 euros para persoas socias menores de 18 anos
30 euros para persoas non socias de calquera idade
Cada persoa debe levar a súa propia comida
Inscricións
enviando correo a carreirosouzande@gmail.com
na Taberna de Ouzande: 986570285
Recomendamos levar roupa e calzado cómodo e estar atentos/as ás predicións metereolóxicas.
En caso de chuvia, comeremos a cuberto.
O pasado 9 de maio, e convidados polos amigos e amigas da Asociación Regatos, de Callobre os grupos de canto e de gaitas da Fervenza de Ouzande participaron na última noite de raíz da tempada.
Tocamos, cantamos, bailamos e pasámolo ben xunto as outras agrupacións coas que compartimos a festa.
Moitas grazas a Regatos por nos convidar e seguimos nas festas!!!
Na tarde de onte, a AC A Fervenza de Ouzande celbrou a súa Xunta Xeral Anual. Trátase da primeira encabezada por Noelia Bouzón, que foi elixida presidenta da asociación na anterior asemblea, no ano 2025.
1. Informe de xestión e actividades. Proxección de imaxes resumindo o ano 2025.
2. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2026
3. Programación anual.
5. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e rosca.
En Ouzande, A Estrada, marzo de 2026
Na reunión estarán xa a disposición de todos os socios e socias os recibos da cota anual deste ano. Despois da reunión quedarán a disposición de socios e socias na Taberna de Ouzande.
Entre todos e todas facemos a asociación. Non faltes!
Estamos á túa disposición no correo: carreirosouzande@gmail.com
Se non desexas seguir sendo socio/a envía un correo a:
Moito amor e moitas ganas de pasalo ben entre os asistentes á festa do entroido. AMOUR en Ouzande
Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos do evento:
Un fermoso día de Nadal acolleu aos valentes camiñantes que se atreveron coa proposta. Gozaron coa natureza e coa conversa, quedando emprazados para a seguinte.
Aí quedan unhas fotos.