RUTA
DOS CARREIROS DE OUZANDE
Mercores 1 de maio de 2013
DATOS
DA RUTA
ACCESOS:
Hai que sair da igrexa de Ouzande (A Estrada), situada a 1000 m do
centro urbano da vila en dirección sur; rúa Pérez Viondi e
travesía de Ouzande (sinalizada). A igrexa está a man esquerda.
PUNTO
DE PARTIDA / CHEGADA:
A citada igrexa, é unha ruta circular, alí hai sitio para
estacionar os turismos.
SAÍDA:
10:00
REGRESO:
13:00h
PERCORRIDO: 10 quilómetros, atravesando os diferentes lugares de Ounzande (O
Formigueiro, Alemparte, O Redondo, O Picoto, O Castro e O Tallo)
polos antigos carreiros e camiños, reparando en diferentes puntos de
interese como fontes, lavadoiros e antigas calzadas. Unha parte do
roteiro cruzará o monte de Ouzande, con numerosas carballeiras e
pequenos bosques de acivros. Tamén percorreremos un tramo da Ruta da
Fervenza e muiños de Ouzande.
DIFICULTADE:
baixa
DURACIÓN:
3h
MATERIAL:
levar roupa cómoda (chándal, botas de montaña...) e ter en conta a
predicción metereolóxica.
PUNTOS
DE INTERESE:
no noso percorrido habémonos atopar cos seguintes puntos de
interese:
-igrexa
de Ouzande:
É de estilo orixinalmente románico, conserva elementos da época
coma os canzorros que son únicos na zona ao representaren pecados
condenados pola Igrexa. Tamén destaca o seu arco central, o agnus
dei, o retablo barroco do Carme...
-cruceiros:
hai dous que están nas inmediacións da igrexa, un deles é dos máis
antigos da zona, foi recollido por Castelao en As
Cruces de Pedra da Galiza.
-muíños
da Fervenza:
conxunto formado por sete muíños distribuidos en pouco máis de
cincocentos metros, o máis antigo data do S.XVIII. É unha zona de
especial beleza pola vexetación que conserva numerosas especies
autóutonas (varias carballeiras, bosque de acivros, vexetación do
curso fluvial do regueiro da Fervenza, salgueiros, ameneiros...).
Destaca a orografía que crea neste punto a famosa Fervenza, aínda
que son numerosos os cachóns ou pichos, ao longo desta parte de
percorrido fluvial na nosa ruta.
-vistas
panorámicas:
fermosas vistas paisaxísticas cara ao val do río Liñares co monte
da Rocha ao fondo. Tamén se divisa neste percorrido a vila da
Estrada desde numerosas perspectivas, así como a cidade de
Compostela, o val do río Ulla, Pico Sacro, montes da Somoza, Torres
de Guimarei...
Ningún comentario:
Publicar un comentario