Unha mañá chuviosa e desapracible recibiu aos 62 excursionistas da Fervenza de Ouzande que o pasado domingo 8 de xuño se achegaron á Comarca do Morrazo na Excursión anual da Asociación que acadaba súa décimoterceira edición. O museo Massó de Bueu foi o primeiro punto de destino no que os visistantes puideron coñecer de primireira man a historia da fábrica de conservas de orixe catalá que tanta importancia tivo neste sector industrial en Galicia. O motivo mariñeiro foi o fío condutor da actividade que continuou coa visita ao mirador de Donón en Cangas, onde gozaron das vistas da Costa da Vela, Cabo Home e as Illas Cíes.
O mal tempo foi en aumento, facendo que a posterior visita á antiga fábrica de Massó en Cangas estivese pasada por auga e vento, o mesmo que o paseo polo centro desta vila mariñeira. O xantar a cuberto, nunha escola da parroquia de Darbo, pareceu apaciguar a climatoloxía e esta premiou o aguante e bo humor dos ouzandeses cunha inesperada tarde soleada e agradable.
Aproveitaron entón para visitar o mirador de Monte Carrasco en Cangas, onde gozaron de esplendorosas vistas da Ría de Vigo, e posteriormente desprazarse a Cabo Udra en Bueu, outro dos puntos fortes da visita á comarca morracense.
Trátase dun contorno protexido, no que despois de visitar a Aula de Natureza do mesmo, noutra visita guiada, fixeron un percorrido a pé entre os penedos ou bolos de granito que coroan a paisaxe, ou os chozos de esqueiros, pequenas costrucións de pedra a carón das grandes rochas redondeadas onde pernoctaban os pastores ata non hai moitas décadas.
Un paseo polas praias próximas puxo fin a unha mágnífica xornada de convivencia e disfrute dun dos recunchos máis fermosos de Galicia. Os participantes, regresaron a Ouzande repasando a banda sonora da excursión, o tema “Se vou a Bueu” de Andres do Barro, e citándose para a do próximo ano.
Aí van as mellores imaxes dunha xornada inesquecible:
Ningún comentario:
Publicar un comentario