Unhas 50 persoas responderon á convocatoria, no local social de Ouzande. Na reunión aprobouse o informe de xestión da Directiva do ano 2014, do que destacamos os seguintes aspectos:
1. Implicación activa dos asociados
-Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Aumento do número de persoas asociadas. (23 novos socios)
-Participación nas actividades moi satisfactoria. Tanto na cantidade como na implicación nas mesmas.
2. Mantemento de número de iniciativas socioculturais, sobre a vintena.
3. Mantemento do número de persoas participantes, tanto socias como non socias, superando o millar. Aumento de participantes nas rutas, ou outras actividades, como a festa doutono, fin de curso...
4. Aposta por actividades novas dentro da Asociación. Obradoiro de Tear. Charla sobre comercio de produtos ecolóxicos, etc. Amplíase o abano de destinatarios.
5. Programación trimestral. Primeira experiencia coa programación de Outono. Supuxo un éxito en canto ao número de actividades e a participación nas mesmas.
6. Mantemento das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo festivo anual, antroido, lumeiro, magosto... Aumento de participación nas mesmas.
7. Potenciación das Clases de música e baile tradicional. Aumento das persoas inscritas. Aumento de socios. Participación do grupo de cancións Recanto en iniciativas de fóra da parroqua: A Estrada, Callobre, S. André de Vea e Arzúa. Consolidación de Retrouso como un referente na música tradicional da comarca.
8. Colaboración con outras entidades da contorna. Callobre, S, André de Vea, etc.
Así mesmo, aprobouse a previsión para o presente 2015 que tratará de abordar os seguintes obxectivos:
1. Manter o nivel de actividades do ano pasado, procurando cumprir os obxectivos que se enunciaron no apartado anterior.
2. Preparación e publicación da revista Carreiros.
3. Dinamización da Ruta da Fervenza. Folletos, sinalización, etc. Continuación da recuperación do Muiño do Rubio.
A reunión rematou cunha merenda de convivencia na que os participantes puideron disfrutar tamén dunha exposición dos traballos realizados polas asistentes ao Curso de Tear, que se levou a cabo nos últimos tres meses.
Aí quedan as mellores imaxes
Ningún comentario:
Publicar un comentario