COS NOSOS MELLORES DESEXOS
domingo, 31 de decembro de 2017
martes, 26 de decembro de 2017
Así foi a Ruta de Nadal 2017
14
valentes responderon á convocatoria da Fervenza de Ouzande, a pesar das
previsións de chuvia que parecían cumprirse cunha mañá desapracible,
pero que remataron por respectar aos camiñantes que recorreron os 12 km
previstos sen mollarse e nun inmellorable ambiente de camaradería para
andar e falar, pasando unha mañá de Nadal diferente. Gozaron de
fermosísimas paisaxes de inverno a través dos montes da Somoza e Ouzande
e atravesaron lugares con encanto como os de Bargo, Castrorramiro e
Carballeira na parroquia da Somoza. Ás 13:15 horas en punto, seguindo o
previsto, regresaron á Igrexa de Ouzande. Xa outra vez con fame.
Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos da Ruta:

xoves, 21 de decembro de 2017
Feliz RUTA DE NADAL EN OUZANDE. 2017
ATRÉVESTE?
EN NADAL TAMÉN IMOS ANDAR
O próximo luns 25 de decembro, a AC A Fervenza de
Ouzande inicia o co seu programa de Actividades do Inverno coa convocatoria da OITAVA
edición da Ruta de Nadal. Nesta ocasión escolleuse a Ruta a Castrorramiro (A
Somoza).
A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal
dun xeito diferente. Disfrutaremos da paisaxe, da natureza e da conversa
amigable, e seguro que tamén para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa. A
actividade é gratuíta.
Hora de saída: 10:15, diante da Igrexa de Ouzande.
Chegada sobre as 13:15 ao mesmo sitio.
11 km de percorrido, dificultade baixa.
Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.
A ruta só se suspenderá se as condicións
metereolóxicas impiden a súa realización.
LUGARES DE INTERESE: no noso percorrido habémonos
atopar cos seguintes puntos de interese:
- No transcurso da ruta atravesaremos varias masas de
bosque autóctono con abundantes carballeiras, castiñeiros, acivros, e
vexetación de ribeira, á beira dos numerosos regatos que cruzaremos no
percorrido.
-Lugar de Castrorramiro. Fermoso lugar da parroquia da Somoza, que conserva numerosas costrucións tradicionais e a estrutura de
pequeno nucleo rural con ruelas e fermosos recunchos.
-Pozo da Freixa ou Fírvida. Contorna con muíños e unha
fervenza, ademais dun pozo de considarables dimensións para facer un descanso.
Cea de Nadal
Xa é tradición ir cear ao Xarro de Aguións arredor das datas do Nadal. Boa festa e boa compaña, cos nosos amigos dos Regatos. Así foi a cea das clases de música da Fervenza de Ouzande do pasado 15 dde decembro. Para ver máis fotos, pica na imaxe:
RECANTO EN ARÍNS
O pasado 25 de novembro fomos cantar a Aríns, ao seu IV Serán. Tamén estaba prevista a actuación de Retrouso, que non puido poarticipar no evento, sendo substituídos polos nosos amigos e amigas do grupo Nai. Gran festa con todas estas formacións:
Picando nesta imaxe podes ver as mellores fotos do evento:
Picando nesta imaxe podes ver as mellores fotos do evento:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)