Para este domingo 12 de setembro temos preparada unha sesión de cinema infantil na CAIXIÑA DOS MISTOS. Trátase dunha caravana adaptada como sala de proxeccións na que se exhibirán diferentes peliculiñas dirixidas a rapaces e rapazas de 0 a 14 anos. A CAIXIÑA estará no Campo da Festa a partir das 6 da tarde, ata as 9 e media.
A CAIXIÑA DOS MISTOS é unha iniciativa de MrMISTO FILMS
Aí queda un video dunha canle de TV onde se informa sobre a actividade:
martes, 7 de setembro de 2010
domingo, 5 de setembro de 2010
fervenza de músicas 2010

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande e a Xunta Parroquial presentan a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.
Os grupos convidados son:
A Requinta da Laxeira (Sarandón)
Os Xeitosos de Trazo
Regato de Matamulleres (Callobre)
Gharatuzas (Santiago)
Retrouso (Ouzande)
O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco.
Anímate e participa. Podes traer os teus instrumentos. A festa remata cando ti queiras.
Temos estas fermosas camisolas á venda na Taberna de Ouzande e no Café A Farola da Estrada. Tamén estarán á venda na Foliada.
luns, 23 de agosto de 2010
fin de curso clases 2010
Aí quedan as fotos da festa de fin de curso que celebramos o día 19 de xuño e tamén unhas fotos do "ensaio xeral" (5 de xuño), no que nos xuntamos os participantes nas clases de música e baile deste curso 2009-2010
fotos roteiro castro de arcos 2010
Levamos varias actividades sen actualizar as fotografías. Comezamos. Aí quedan as da ruta do Castro de Arcos que se celebrou o pasado 13 de xuño
martes, 3 de agosto de 2010
mago toño en ouzande
xoves, 29 de xullo de 2010
festa no muíño
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


