A chuvia impediu que puidesemos celebrar o GRAN XOGO DO CALDEIRO PENZO. Témolo gardado para o ano que ven. Aínda así xuntámonos debaixo do toldo de Porta para pasar unha tarde divertida. Os/as máis valentes....
xoves, 4 de setembro de 2014
venres, 15 de agosto de 2014
unha noite no muíño 2014
Este sábado 16 de agosto
celebramos unha nova edición de UNHA NOITE NO MUIÑO.
A partir das 10 da noite estaremos no Muíño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.
A partir das 10 da noite estaremos no Muíño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.
Haberá festa e música
para unha noite de convivencia e lecer. Hai que levar a cea e moita
gana de pasalo ben.
É imprescindible levar
lanterna para o camiño, onde poderás levar algunha que outra
sorpresa.
Tamén podes ir vestido/a para a ocasión. Como queiras.
Estás convidado/Estás convidada.
Tamén podes ir vestido/a para a ocasión. Como queiras.
Estás convidado/Estás convidada.
Para quen queira ir “ben
preparado/a” convocamos unhas sesión de maquillaxe para ser
caracterizado de meiga/o da fervenza. A PARTIR DAS 7 DA TARDE NO
LOCAL DO CAMPO DA FESTA. Levar roupa negra. (Dirixido sobre todo a
rapaces e rapazas, pero para todas as idades)
AC A FERVENZA DE OUZANDE
venres, 8 de agosto de 2014
xa chega o caldeiro penzo
No plano deste folleto agóchanse os misteriosos lugares que os participantes no GRAN XOGO DO CALDEIRO PENZO terán que descubrir para desenmeigar aos turistas encantados que xa temos na parroquia. E para que quererán o caldeiro penzo?
Se queres descubrilo, e pasalo ben, achégate o próximo domingo ao campo da festa de Ouzande ás 18:30 h. Dá igual a túa idade. Ademais é de balde.
A actividade suspenderase en caso de que o mal tempo impida a súa realización
XA SABES QUE NON O VAS ESQUECER FACILMENTE
venres, 1 de agosto de 2014
o caldeiro penzo
AC A FERVENZA DE OUZANDE
Festas de Ouzande 2014
GRAN XOGO DO CALDEIRO PENZO
“Aí ven o San Lourenzo co caldeiriño penzo”
Un grupo de turistas encantad@s están agardando polo desencantamento e para iso ti tes todo o poder.
Se queres desencantalos ven o domingo 10 de agosto ao campo da festa de Ouzande ás 6 e media da tarde, hora na que comezará o rito para desenmeigar a estes turistas.
Dá igual os anos que teñas. Para todas as idades e para todos os públicos. Gratuíto. Gran xogo do Caldeiro Penzo por todos os lugares de Ouzande.
Non o vas esquecer facilmente.
Seguiremos informando
mércores, 9 de xullo de 2014
Lumeiro 2014 en Ouzande
Para poñer fin a un intenso mes de xuño, celebramos unha nova edición da festa do lumeiro no campo da festa. Despois de preparar a auga de flores e amañar o home do saco, comezaba a festa cando a noite caía sobre o Ouzande. Chourizos asados, viño, música e festa precederon á queima da fogueira, que comezou ás 12 da noite, despois da procesión do Home do Saco. Non faltaron os saltadores e saltadoras da fogueira, que deron lugar ás fermosas imaxes captadas por Manuel de Topete.
Que as desfrutes:
Festa fin de curso en OUZANDE 2014
Máis de 60 persoas se deron cita na tarde do pasado 21 de xuño no Campo da Festa de Ouzande para celebrar a festa que poñía o ramo ao curso 2013-14. As clases, que volveron ter unha nutrida matrícula, tocaron as modalidades de acordeón, percusión, gaita, pandeireta, canto e baile tradicional. Foi precisamente unha mostra do alumnado desta última a que abriu unha bonita velada na que non faltou a boa música e a merenda de convivio dos asistentes.
Aí quedan as mellores imaxes
Aí quedan as mellores imaxes
sábado, 21 de xuño de 2014
lumeiro 2014
AÍ VEN A FESTA DO LUMEIRO
O
próximo 23 de xuño, luns, terá lugar o lumeiro no campo da festa
de Ouzande. Como todos os anos, darémoslle a benvida ao verán
arredor da fogueira. Faremos festa co grupo Retrouso e, se queres,
podes traer algún instrumento para animar. Teremos á venda pan e
chourizos que poderás asar ti mesmo/a nas brasas da fogueira. E ao
final saltaremos por riba do lume. Se queres, podes traer algún
recipiente para levares a auga de flores para a casa.
Coma
sempre, haberá algunha sorpresiña..., onde andará o home do saco?
Se aparece, poderemos escribir nun papel o que queiramos queimar con
el...
Ah!
Os nenos e as nenas están invitados a vir a partir das 7 da
tarde... os maiores esperade que chegue a noite...
martes, 17 de xuño de 2014
camisetas rural faxion ouzande 2014
CAMISETAS DE MODA
A camiseta do verán en Ouzande. Xa a tés á túa disposición na taberna de Ouzande. Talles e modelos a escoller. O RURAL FAXION está de moda. O deseño é de Rosa de Cabanas.
Á venda tamén nas actividades da asociación.
venres, 13 de xuño de 2014
Festa fin de curso 2014
Un ano máis asociación celebra a FESTA de fin de curso das clases de
música e canto tradicionais que se desenvolven todos os sábados no
local social de Ouzande.
O curso que agora finaliza volveu ter unha notable
participación nestas clases, superando as sesenta persoas, de todas as
idades, nas disciplinas de: gaita, tambor, pandeireta acordeón e cancións tradicionais.
Convidámoste a unha foliada para o sábado 21 de xuño a partir das
9 da tarde no campo da festa. Convidaremos tamén a uns pinchos a todos
os asistentes. (Se queres, podes achegarte a partir das 8 e cuarto para
ir preparando todo) Non esquezas traer o teu instrumento musical.
Están invitados todos os veciños e veciñas da parroquia e cantos amigos
desexen vir.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





