xoves, 16 de agosto de 2018
Xornada de Limpeza dos muiños e fervenza de Ouzande
O próximo sábado, 17 de agosto, a AC A Fervenza de Ouzande convoca a todas as persoas interesadas a unha tarde de limpeza e merenda na contorna da Fervenza de Ouzande.
Tomando como encontro o Muíño do Rubio, os participantes teñen que traer os seus utensilios para a limpeza da maleza a partir das 5 da tarde.
Unha vez rematada a mesma, sobre as 8 da tarde, a Asociación convoca a unha merenda de convivencia á que pode asistir quen o desexe, aínda que non participase na limpeza. A merenda é un convite da AC A Fervenza de Ouzande.
ANDANDO CAMIÑOS. AS CAMISETAS DA FERVENZA DE OUZANDE 2018
Volveron as camisetas do verán á Fervenza de Ouzande. Este é o fermoso deseño realizado por Rosa de Cabanas para ti. Podes conseguilas na Taberna de Ouzande, no Bar Panamá e na Perruquería Patxi da Estrada.
RECANTO en Pontecesures
Un ano máis o grupo de canto tradicional de Ouzande, Recanto, participou no Ghaitellón de Ponteceseures, organizado pola AC Xarandeira. Foi o pasado 7 de xullo. Aí quedan imaxes do evento:
Así foi o lumeiro 2018 en Ouzande
Moita animación e festa para celebrar un ano máis a festa do lumeiro. Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos do evento.
mércores, 20 de xuño de 2018
Lumeiro 18 en Ouzande.
LUMEIRO EN OUZANDE
O próximo 23 de xuño, sábado,
terá lugar o lumeiro no campo da festa de Ouzande. Como todos os anos,
darémoslle a benvida ao verán arredor da fogueira. Teremos música e festa e se queres, podes traer algún instrumento para
animar. Teremos á venda pan e chourizos que poderás asar ti mesmo/a nas brasas
da fogueira. E ao final saltaremos por riba do lume. Se queres, podes traer
algún recipiente para levares a auga de flores para a casa.
Coma sempre, haberá algunha sorpresiña..., onde andará o home do saco? Se aparece, poderemos escribir nun papel o que queiramos queimar con el...
Ah! Os nenos e as nenas están invitados a vir a partir das 7:30 da tarde... os maiores esperade que chegue a noite...
Coma sempre, haberá algunha sorpresiña..., onde andará o home do saco? Se aparece, poderemos escribir nun papel o que queiramos queimar con el...
Ah! Os nenos e as nenas están invitados a vir a partir das 7:30 da tarde... os maiores esperade que chegue a noite...
Festa Fin de curso 2018. As imaxes
Animada e concorrida festa fin de curso das clases de música, canto e baile tradicional en Ouzande. Moita participación e gran ambiente ata a madrugada. Picando na imaxe poderás ver as mellores fotos do evento:
Retrouso e Recanto na Sardiñada de Ouzande
O pasado 8 de xuño tivo lugar a Sardiñada anual organizada pola Xunta Parroquial. Alí estiveron, coma sempre os compoñentes de Retrouso e de Recanto para animar a festa, acompañados do Grupo Regatos. Aí quedan algunhas imaxes do evento:
xoves, 14 de xuño de 2018
Festa Fin de curso en Ouzande
FIN DE CURSO 2018
Un
ano máis a asociación celebra a FESTA de fin de curso das clases de
música e canto tradicionais que se desenvolven todos os sábados no local
social de Ouzande.
O
curso presente mantivo unha notable participación nestas clases,
superando as sesenta persoas, de todas as idades, nas disciplinas de:
gaita, tambor, pandeireta, baile, canto e acordeón.
Os alumnos e alumnas de todas as clases teñen preparadas diferentes actuacións para esta festa de fin de curso.
A
asociación convida a unha foliada para o sábado 16 de xuño a partir das
21:00 no campo da festa. Agasallaremos tamén cuns pinchos a
todos os asistentes.
NOVIDADE!!!: Teremos á venda os primeiros exemplares das camisetas de moda neste verán: ANDANDO CAMIÑOS. OUZANDE 2018.
Recanto de Ouzande no CEIP Codeseda
O pasado 25 de maio o Grupo Recanto da asociación tivo o inmenso pracer de participar nunha foliada no Colexio Cabada Vázquez de Codeseda. Falamos da Asociación, fomos agasallados con diversas pezas musicais e de baile e puidemos cantar unhas cantigas para esa marabillosa rapazada e esas profes magníficas. Que ben o pasamos. Moitas grazas por nos convidar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















