domingo, 15 de maio de 2011
VI Ruta das Letras
VI RUTA DAS LETRAS
ANDAMOS E FALAMOS
O próximo martes 17 de maio, a AC A Fervenza de Ouzande continuará co seu programa de rutas a pé, IMOS ANDAR coa cuarta Ruta das Letras. Este ano percorreremos o Roteiro das Lagoas de Zoo, cuxas características detallamos máis abaixo. Convidamos a todos os estradenses especialmente a esta ruta, porque ademais do seu interese paisaxístico e ambiental, a asociación agasallará a todos e todas as participantes cun libro, para celebrar o Día das Letras Galegas. O libro será entregado ao final da ruta a todos e todas os participantes. Para esta iniciativa contamos coa inestimable colaboración da editora Biblos Clube de Lectores.
Hora de saída: 09:45, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:30 ao mesmo sitio.
mércores, 11 de maio de 2011
fotos ruta dos carreiros de ouzande 2011
Aí quedan as imaxes da primeira ruta do ano polos carreiros de ouzande que fixemos o pasado domingo 8 de maio. Prepararse para a próxima, a VI Ruta das letras o 17
mércores, 4 de maio de 2011
roteiro dos carreiros de ouzande 2011
concerto BANDA BROA no local de Ouzande
aí quedan unhas imaxes do magnífico concerto de Banda Broa o primeiro de maio do 2011 no local social de Ouzande
luns, 2 de maio de 2011
fotos do antroido 2011
este ano celebramos o Antroido cantando as coplas dos cegos na Taberna e logo cunha gran festa no local noviño... Foi o 5 de marzo de 2011
e as coplas...
imaxes da inauguración do novo local no palco vello
o 26 de xaneiro de 2011 os veciños e veciñas de ouzande inauguramos o local novo no palco vello
fotos asemblea anual 2011
despois dun tempiño de retraso aí van as fotos da xunta xeral anual da asociación que celebramos o 27 de xaneiro deste 2011
mércores, 27 de abril de 2011
BANDA BROA o primeiro de maio de ouzande
Un dos grupos máis alimenticios para o oído. Música con miolo.
Ingredientes:
-Base forneada de acordeón de Santiago (Marcos Varela, profesor de gaita nas clases da Fervenza de Ouzande)
-Moitos Qilos de percusión amiense (Xosé Tuñas)
-Unha cantidade xenerosa de bonito saxofón de Burela (Roberto Bouça)
-Unha dose perfecta de gaita da Estrada (Noe Bouzón, gaiteira ouzandesa)
-Varias culleradas de voz dóce de Touro (Madi Martínez)
Preparación:
Móese todo en calquera muíño dos nosos ríos, mestúrase nun quinteto inspirado na música tradicional con reminiscencias de banda de música pasando por orquesta de sesión vermú, cócese nun forno de leña de carballo e sírvese en quente.
DOMINGO 1 DE MAIO DE 2011
LOCAL SOCIAL DE OUZANDE
19:00 H
DE BALDE
mércores, 2 de marzo de 2011
RAPACES E RAPAZAS DE OUZANDE!
NON QUEDEDES NA CASA NO ANTROIDO
E VIDE COS VOSOS DISFRACES
A PASALO BEN E DIVERTIRSE MOITO
Sábado 5 de marzo de 2011
A partir das 6 e media da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. Seguirá unha gran festa antroideira no campo da festa e no Local Social. Haberá merenda a base de produtos típicos de antroido moita música e festa. NON FALTARÁN Á SÚA CITA OS CEGOS DO ANTROIDO QUE RECITARÁN AS SÚAS COPLAS, NAS QUE NON ESQUECERÁN ÁS NOVAS MÁIS IMPORTANTES DA PARROQUIA E DO MUNDO MUNDIAL.
Este ano deixamos descansar o tractor e quedamos no campo da festa. Non faltes!!!!
A AC A Fervenza de Ouzande convida a todos os veciños e veciñas de Ouzande a celebrar o antroido na nosa parroquia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




