xoves, 25 de agosto de 2011

unha noite no muíño 2011

Un ano máis imos pasar unha noite no muíño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.
Este sábado, 27 de agosto, a partir das 10 da noite, velada de sorpresas e festa. Só tés que levar a cea nun cesto e unha lanterna para o camiño. Se queres, algún instrumento musical tamén. Tamén podes vir co traxe para a ocasión...

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada...

mércores, 10 de agosto de 2011

maxia nas festas patronais de ouzande


O próximo domingo 14 de agosto peche máxico para as festas de Ouzande. Actuación do mago ourensán José Rivera a partir das 19:30 no local social de Ouzande. Máis información sobre o ilusionista picando aquí.

E para comezar ditas festas, este venres 12, interesante velada de música tradicional con RETROUSO, REGATO DE MATAMULLERES E BERROS DO CASTRO. Polbo, churrasco e moita festa!

xoves, 23 de xuño de 2011

o espírito das trincadeiras, estrea en Ouzande


O filme, escrito e dirixido por Seném Outeiro, narra a loita que no ano 1990 o pobo de Goián desenvolveu na defensa do monte comunal das Trincadeiras que pretendía ser expropiado pola empresa que construía a autopista Vigo-Porriño. O pobo de Goián opúxose e despois conquerir con moito esforzo a súa vitoria celebrou anualmente unha festa de exaltación das Trincadeiras coma movemento veciñal e coma posta en valor dos espazos comunais.

“A cinta é unha homenaxe á vontade coleitiva, unha historia cargada de emotividade e reflexión sobre a importancia da memoria histórica coma alicerce do ser social”
Seném Outeiro

A actividade terá lugar o próximo día 25 de xuño no Local Social de Ouzande.
Realizaranse dous pases, o primeiro ás 19:30 e o segundo ás 21:30. Contaremos coa presenza do autor do documental

luns, 6 de xuño de 2011

músicas x (dez)



VENRES 10 DE XUÑO DE 2011
CAMPO DA FESTA DE OUZANDE
OUZANDE, A ESTRADA
Concerto de NARF e THE HOMENS para celebrar o décimo aniversario da AC A Fervenza de OUzande.
Servizo de bar e bocatas.
Venda de camisolas conmemorativas.
DEZ X DEZ. Proxección das cen mellores imaxes de dez anos de actividades.
Boa música e diversión no Campo da Festa de Ouzande

domingo, 15 de maio de 2011

VI Ruta das Letras



VI RUTA DAS LETRAS
ANDAMOS E FALAMOS
O próximo martes 17 de maio, a AC A Fervenza de Ouzande continuará co seu programa de rutas a pé, IMOS ANDAR coa cuarta Ruta das Letras. Este ano percorreremos o Roteiro das Lagoas de Zoo, cuxas características detallamos máis abaixo. Convidamos a todos os estradenses especialmente a esta ruta, porque ademais do seu interese paisaxístico e ambiental, a asociación agasallará a todos e todas as participantes cun libro, para celebrar o Día das Letras Galegas. O libro será entregado ao final da ruta a todos e todas os participantes. Para esta iniciativa contamos coa inestimable colaboración da editora Biblos Clube de Lectores.

Hora de saída: 09:45, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:30 ao mesmo sitio.

mércores, 11 de maio de 2011

fotos ruta dos carreiros de ouzande 2011

Aí quedan as imaxes da primeira ruta do ano polos carreiros de ouzande que fixemos o pasado domingo 8 de maio. Prepararse para a próxima, a VI Ruta das letras o 17

mércores, 4 de maio de 2011

roteiro dos carreiros de ouzande 2011

Sábado 1 de maio. DOMINGO 8 DE MAIO. Ruta dos carreiros de Ouzande. Percorreremos os diferentes carreiros polo monte e os diferentes lugares de Ouzande, incluíndo a Fervenza e os muíños. Hora de saída: 10 da mañá, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:00

concerto BANDA BROA no local de Ouzande

aí quedan unhas imaxes do magnífico concerto de Banda Broa o primeiro de maio do 2011 no local social de Ouzande