Aí quedan as imaxes da actuación de Retrouso de Ouzande nunha animada foliada nos Seráns en Compostela, en A Nave de Vidán. Foi o pasado 14 de abril
martes, 26 de marzo de 2013
mércores, 13 de marzo de 2013
Retrouso nos Seráns de Compostela
O grupo RETROUSO actúa este xoves día 14 de marzo nunha nova edición dos Seráns en Compostela.
O programa é o seguinte:
21h30 . Obradoiro de baile con Eva Barona (Ultreia)
22h30 . Retrouso de Ouzande
23h15 . Ultreia
24h00 . O Ghusto do Boi
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
Os Seráns celébranse en A NAVE DE VIDÁN ( Avenida Mestra Victoria Míguez, nº 44, 15706 Santiago de Compostela)
Como chegar: AQUÍ
martes, 12 de marzo de 2013
imaxes antroido ouzande euroveigas 2013
aí quedan as mellores imaxes do antroido EUROVEIGAS 2013
e estas son as coplas que cantaron as cegas
e estas son as coplas que cantaron as cegas
xoves, 7 de febreiro de 2013
ANTROIDO 2013 EUROVEIGAS EN OUZANDE
ANTROIDO 2013 EN OUZANDE
EUROVEIGAS INAUGÚRASE EN OUZANDE
Sábado 9 de febreiro 2013
A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor do casino EUROVEIGAS percorrerá os lugares da parroquia anunciando a inauguración do CASINO. O CASINO EUROVEIGAS ofrecerá diversos xogos a todos os participantes: ruteta da parcelaria, bingo das leiras, poker de fincas, e mesmo capela de casamentos da VEIGA.
Teremos de todo: cabareteiras, matóns, crupiers, vaqueiros de medio pelo, e todo tipo de mangantes.
Non faltarán as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral.
Horario aproximado:
17:00 da tarde: saída do campo
17:10: O Tallo
18:00:. O Castro
18:15: O Picoto e o Redondo
18:35: Alemparte e O Formigueiro
19:00: O Topete
19:15: Igrexa
19:30: INUAUGURACIÓN DO CASINO EUROVEIGAS NO LOCAL SOCIAL DO CAMPO DA FESTA.GRAN FESTA DE DISFRACES, CASINO DE XOGOS, E DEGUSTACIÓN DUNHA MERENDA CON PRODUTOS TÍPICOS DA ÉPOCA
luns, 4 de febreiro de 2013
Asemblea Anual 2013
O pasado 20 de xaneiro celebrouse a Xunta Xeral Anual da Asociación. Unhas 50 persoas encheron o local social nunha reunión na que a Directiva presentou o informe de xestión e contas de 2012. Puideron disfrutar das mellores imaxes do ano e da actuación do grupo de cancións tradicionais da asociación. Para rematar, os asistentes degustaron un rico chocolate con rosca, nunha animada xornada de convivencia.
sábado, 19 de xaneiro de 2013
Convocatoria Xunta Xeral Anual
A AC A Fervenza de Ouzande convoca aos socios e socias á súa Xunta Xeral anual, que terá lugar o domingo 20 de xaneiro de 2013 ás 5:30 da tarde no local social do campo da festa de Ouzande. A orde do día será a seguinte:
1. Informe de xestión do ano 2012
Informe de actividades(con proxección de fotografías e vídeos)
Informe económico.
2. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2013
3. Programación anual.
4. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito.
1. Informe de xestión do ano 2012
Informe de actividades(con proxección de fotografías e vídeos)
Informe económico.
2. Previsión de ingresos e gastos para o ano 2013
3. Programación anual.
4. Rogos e preguntas.
Ao rematar a reunión a asociación convida á merenda con chocolate quente e biscoito.
xoves, 17 de xaneiro de 2013
Imaxes da presentación de INTERIOR CON FROITEIRO E FERIDAS
O pasado 3 de xaneiro tivo lugar a presentación do novo libro de poemas do escritor ouzandés, Manuel Pereira Valcárcel, Interior con froiteiro e feridas. No acto, ademais do autor, participou a filóloga Chuni Canal Covelo e tamén tivemos a ocasión de disfrutar da lectura dun dos poemas por parte da actriz e cantante Maite Dono. O público respondeu moi satisfactoriamente á convocatoria, ateigando o local social de Ouzande.
mércores, 2 de xaneiro de 2013
Presentación do novo libro de Manuel Pereira en Ouzande
PRESENTACIÓN DE INTERIOR CON FROITEIRO E FERIDAS DE MANUEL PEREIRA VALCÁRCEL
O xoves 3 de xaneiro Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande
A partir das 20:30 horas, no local social de Ouzande (A Estrada), o autor ouzandés Manuel Pereira Valcárcel, residente en Madrid, presentará a súa última obra literaria, o libro de poemas INTERIOR CON FROITEIRO E FERIDAS.
No acto participará, presentando o libro co autor, a filóloga Chuni Canal Covelo, que traballou como lectora de galego na Universidade Complutense de Madrid, onde entrou en contacto co escritor ouzandés.
Gustaríanos moito contar coa túa presenza neste acto
martes, 1 de xaneiro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





