O pasado mércores 19 de novembro tivemos o pracer de ter con nós ao cociñeiro Jaume García, do restaurante Velis Nolis, que nos deleitou coa realización de tres pratos con produtos típicos de outono. As castañas e os cogomelos foron os protagonistas destas receitas, que os case 30 asistentes puideron degustar. Aí quedan as imaxes do evento.
xoves, 27 de novembro de 2014
sábado, 15 de novembro de 2014
Curso de Cociña de Outono con Jaume García
OUTONO
NA FERVENZA DE OUZANDE.
COCIÑA
DE OUTONO
Cogomelos
de Ouzande.
O
próximo mércores 19 de novembro terá lugar un CURSO INTENSIVO DE
COCIÑA DE OUTONO, de 8 a 10 da noite no local social de Ouzande.
Estará
impartido polo cociñeiro Jaume García (Restaurante Velis Nolis da
Estrada). Realizará receitas baseadas en produtos típicos da
estación outonal, que poderán ser degustados polos asistentes.
Trátase
da segunda vez que temos con nós a este magnífico cociñeiro,
despois do curso celebrado en febreiro de 2012, que tan bo sabor de
boca nos deixara.
Nesta
ocasión, o curso tera un custo de 3 euros para as persoas socias e 5
para as non socias.
Anotarse
na taberna de Ouzande. PRAZAS LIMITADAS.
venres, 14 de novembro de 2014
festa doutono 2014
O pasado sábado, 8 de novembro, celebramos a FESTA DOUTONO con castañas asadas, doces e festa. Moita participación e moita animación nunha chuviosa noite máis de inverno que de outono. Aí quedan as imaxes do evento
Pola tarde, pequenos e maiores estiveron facendo estes orixinais enredos de outono:
Pola tarde, pequenos e maiores estiveron facendo estes orixinais enredos de outono:
xoves, 13 de novembro de 2014
Inicio do obradoiro de tear.
O pasado 4 de novembro iniciouse o curso de tear no Local Social de Ouzande, impartido por María Gaiteiro Moure. Aí quedan as imaxes das dúas primeiras sesións.
venres, 31 de outubro de 2014
Festa doutono 2014 en Ouzande
OUTONO NA FERVENZA DE OUZANDE.
Festa de Outono
Festa de Outono
Pola tarde Obradoiro de Xoguetes de Outono para todas as idades.
A partir das 6 da tarde no Local, todos os nenos e nenas están convidados a participar nun obradoiro de xoguetes realizados con froitos naturais típicos desta época do ano. NON O PODES PERDER.
Pola noite castañas asadas, doces de outono e festa.
A partir das 20:30 h celebramos a festa das castañas en Ouzande. Haberá castañas asadas e viño novo, de balde para todos os asistentes.
Este ano volveremos ter novidades gastronómicas interesantes para facer unha festa máis doce para todos:
-Degustación de pasteis e doces elaborados con castañas cociñados por socios e socias. SE TI QUERES FACER O TEU DOCE TAMÉN O PODES FACER E COMPARTILO....
Tamén teremos un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa.
Non faltará a música cos compoñentes de RETROUSO, co grupo de pandeireteiras da Asociación e co grupo de cancións RECANTO.
ANÍMATE E PARTICIPA NA FESTA.
luns, 20 de outubro de 2014
presentación curso tear 2014 en Ouzande
O 19 de outubro presentouse no local social de Ouzande o Curso de Tear, trapillo e ganchillo que organiza a Asociación. Participou no mesmo a profesora María Gaiteiro que expuxo perante as persoas interesadas exemplos dos contidos do obradoiro. Na mesma sesión complétaronse todas as prazas ofertadas. Darán comezo o próximo 4 de novembro, martes, ás 20:30 horas e terá unha duración de 3 meses.
Aí quedan as imaxes do evento.
martes, 14 de outubro de 2014
CURSO DE TEAR EN OUZANDE.
CURSO DE TEAR, DE GANCHILLO E TRAPILLO.
O próximo domingo 19 de outubro, a AC A Fervenza de Ouzande continuará co seu programa Outono na Fervenza de Ouzande coa convocatoria dunha reunión informativa sobre o CURSO DE TEAR, DE GANCHILLO E TRAPILLO que terá lugar neste outono en Ouzande.
Na xuntanza estará presente a profesora do curso, María Gaiteiro. Na mesma explicaranse os contidos do curso, así como os prezos do mesmo e as datas nas que se realizará.
Convidamos ás persoas interesadas, socias e non socias a coñecer esta técnica de tecido que permite a realización de alfombras, tapetes, manteis, cobertores.... Nesta reunión xa se poderá formalizar a matrícula no curso, que ten prazas limitadas.
A reunión será ás 6 da tarde no local social de Ouzande.
Achégase cartel da actividade.
domingo, 12 de outubro de 2014
imaxes da II ruta doutono 2014 camiño da Somoza
A pesar da chuvia, fomos andar polos camiños da somoza. 12 de outubro de 2014.
xoves, 2 de outubro de 2014
II RUTA DOUTONO
OUTONO
NA FERVENZA DE OUZANDE
II
RUTA DE OUTONO. En
outono tamén imos andar
O
próximo domingo 12 de outubro,
a AC A Fervenza de Ouzande continuará co seu programa Outono na
Fervenza de Ouzande coa convocatoria da II Ruta do Outono.
Percorreremos o Camiño á
Somoza, atravesano
os montes da parroquia de Ouzande e A Somoza.
Son 11 km de percorrido a través de bosque de especies frondosas
autóctonas, especialmente carballeiras. No traxecto, atravesaremos o
contorno da Fervenza de Ouzande e achegarémonos ao lugar de
Castrorramiro, na parroquia da Somoza.
Na actividade poden participar
todas as persoas que o desexen e é gratuíta.
Recoméndase levar
calzado cómodo e impermeable, en caso de chuvia.
Percorrido de dificuldade baixa.
Hora
de saída: 10:00, diante da igrexa de Ouzande. Chegada sobre as 13:30
ao mesmo sitio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



