sitio da asociación cultural a fervenza de ouzande
ANTROIDO 09 en OuzandeXentes todas de Ouzande,veciños deste lugar,escoitade as verbas do antroido,que por boca dos cegos vai falar.Este ano vimos probespor causa dalgúns aproveitados,que gastaron todo o diñeiro,destes cidadáns coitados.Seica estamos en crisee cada vez hai máis paro,os cartos van a menos,dánllelo todo aos bancos.Quéreno gardar pra elesxa non prestan nada,a cada vez máis miseira,mira que che hai moita cara.Seica vos están os políticos,pra amañar este sarillo,nos que mandan mais nos outrostamén vos hai moito pillo.O domingo hai eleicións imos ver quen as gana,andan a pelexar pra que lles votes,Feijó, Touriño e mais Quintana.Todos prometen moitoe se cadra non fan nadaa ver se lle pasa o mesmoao que manda no mundo, señor Obama.Cantas veces nos prometeronas aceras para Ouzande,agora vanas facer a medias,non vin trapallada tan grande.Enganaron aos de Ouzandepensamos que eran de verdá,que iría ata a igrexa, e nin chegan á mitáSeñores e señoras do Concello,do goberno e a oposición,un pouco de sentidiñoque o pobo non é papón.Por se ben non entenderon,outra vez llelo repetimos:queremos ben as beirarrúas,menos non o permitimos.O Antroido xa falou,e os cegos xa marchamos,para merendar todosas 8 no local nos xuntamos.E viva Antroido!!!
Boisimo,pasachedelo de medo...de bo seguro que si. Saúdos e apertas a moreas, non perdades todo o bo humor que tedes :) SAúdos
Publicar un comentario
2 comentarios:
ANTROIDO 09 en Ouzande
Xentes todas de Ouzande,
veciños deste lugar,
escoitade as verbas do antroido,
que por boca dos cegos vai falar.
Este ano vimos probes
por causa dalgúns aproveitados,
que gastaron todo o diñeiro,
destes cidadáns coitados.
Seica estamos en crise
e cada vez hai máis paro,
os cartos van a menos,
dánllelo todo aos bancos.
Quéreno gardar pra eles
xa non prestan nada,
a cada vez máis miseira,
mira que che hai moita cara.
Seica vos están os políticos,
pra amañar este sarillo,
nos que mandan mais nos outros
tamén vos hai moito pillo.
O domingo hai eleicións
imos ver quen as gana,
andan a pelexar pra que lles votes,
Feijó, Touriño e mais Quintana.
Todos prometen moito
e se cadra non fan nada
a ver se lle pasa o mesmo
ao que manda no mundo, señor Obama.
Cantas veces nos prometeron
as aceras para Ouzande,
agora vanas facer a medias,
non vin trapallada tan grande.
Enganaron aos de Ouzande
pensamos que eran de verdá,
que iría ata a igrexa,
e nin chegan á mitá
Señores e señoras do Concello,
do goberno e a oposición,
un pouco de sentidiño
que o pobo non é papón.
Por se ben non entenderon,
outra vez llelo repetimos:
queremos ben as beirarrúas,
menos non o permitimos.
O Antroido xa falou,
e os cegos xa marchamos,
para merendar todos
as 8 no local nos xuntamos.
E viva Antroido!!!
Boisimo,pasachedelo de medo...de bo seguro que si. Saúdos e apertas a moreas, non perdades todo o bo humor que tedes :) SAúdos
Publicar un comentario