venres, 2 de outubro de 2009

bailas? curso 2009-2010


Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 10 de outubro no local do campo da festa ás 4 e media da tarde.

Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE e TAMBORIL (nova especialidade coa que comezamos este ano)
Nesta reunión terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.
O horario da clase de GAITA será todos os sábados ás 11:30 da mañá.

Anímate a tocar algún instrumento ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vaste divertir.

Para calquera aclaración contacta con nós: carreirosouzande@gmail.com

2 comentarios:

An dixo...

Se non me quedase un chisco lonxe apuntabame a gaita. SAúdos

Anónimo dixo...

eu anotareime a tamboril que o profe parece ser moi bon