xoves, 25 de febreiro de 2010

presentación de carreiros 8


CARREIROS Á MERENDA

O domingo 28 de febreiro ás 6 da tarde, no local de Ouzande terá lugar a presentación do nº 8 da revista Carreiros, publicada pola Asociación.

O acto consistirá na presentación do novo Carreiros, e na proxección de imaxes e videos sobre a mesma.

Tamén se proxectará a video reportaxe A INAUGURACIÓN DAS BEIRARRÚAS DE OUZANDE, que tivo lugar o pasado sábado de Antroido

A revista consta das seccions habituais:

Editorial
Colaboracións
Memória fotográfica
Memoria da Emigración (III)
Creación Literaria
Crónica de actividades

Ás que se suman dúas novas seccións que terán continuidade en próximos números:

Historias de casas (artigos sobre casas senlleiras da parroquia)
Os nomes de Ouzande (artigos sobre a toponimia da parroquia)

REMATAREMOS COMPARTINDO UNHA RICA MERENDA

Ningún comentario: