mércores, 14 de decembro de 2011
a fervenza de ouzande no mome
Despois da súa estrea no local social de Ouzande, o pasado 27 de novembro no que estivo presente a madriña da asociación, Paula Carballeira, a AC A Fervenza de Ouzande presenta na vila da Estrada o documental ANDAR CARREIROS. DEZ ANOS DA FERVENZA DE OUZANDE.
O acto terá lugar o próximo sábado 17 de decembro a partir das 20:00 horas no MOME (Museo do Moble da Madeira da Estrada, á beira de Protección Civil).
Esta actividade dará inicio a unha semana da Fervenza de Ouzande no MOME, na que teremos instalada a exposición “Dez anos a andar carreiros” que resume a traxectoria da asociación, realizada con paneis, carteis das actividades, proxeccións e a revista Carreiros, así como outros materiais editados pola entidade. A mostra poderá ser visitada desde o propio sábado 17 pola mañá.
O horario de visitas á exposición será:
Do sábado 17 de decembro ao xoves 22 de decembro
Mañás: De 11:00 a 13:30
Tardes: De 17:30 a 20:30
O DVD co documental xa se pode adquirir na Taberna de Ouzande ou na Libraría Alberte Quiñoi da Estrada
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario