A VII edición da ruta das letras organizada pola Asociación tivo unha
extraordinaria acollida pois contou coa participación entusiasta de 62
persoas, que saíron ás 21:45 da mañá do adro da igrexa de Ouzande, para
percorrer un roteiro de 11 km, que atravesou os montes de Ouzande e A
Somoza. O nutrido grupo atravesou o contorno da Fervenza de Ouzande en
primeiro lugar para logo cruzar a través de camiños de monte, fermosas
paraxes de bosques autóctonos e diversos regatos. Na parroquia da Somoza
visitamos o lugar de Castrorramiro e tamén fixemos unha parada no
idílico Pozo da Freixa, composto por dous muiños e unha fervenza de
extraordinaria beleza. Coma sempre cumpriuse o obxectivo de andar e
falar, ademais de disfrutar da paisaxe. Ao regreso, ao pé do cruceiro do
adro da Igrexa de Ouzande todos os camiñantes recolleron o libro de
agasallo para celebrar esta data tan sinalada. Cabe destacar que ademais
da xa abondosa participación de persoas de Ouzande, A Estrada e
parroquias limítrofes, contamos cun nutrido grupo de camiñantes chegados
da cidade de Pontevedra, e pertencentes ao grupo de senderismo Andaríns
do Lérez.
A Asociación contou coa xenerosa colaboración do Concello da Estrada para esta actividade, que aportou un lote de libros.
A Asociación contou coa xenerosa colaboración do Concello da Estrada para esta actividade, que aportou un lote de libros.
Este é o perfil do percorrido
Ningún comentario:
Publicar un comentario