Na xornada do domingo 27 de maio un numeroso grupo de ouzandeses gozaron dunha xornada
fermosa de excursión. Foise seguindo a programación prevista coas
visitas a Mugardos, Redes e Betanzos.
A parte máis agradecida foi
cando o presidente da Agrupación cultural e instrutiva de Redes, no Concello de Ares, recibiu a
concorrencia ouzandesa para presentarlles a historia e a realidade da
vila de Redes. Tras o visionado dun documental e a explicación dos principais
aspectos da sociedade redense, houbo un intercambio de agasallos entre
as dúas asociacións e unha visita guiada á vila. A pesar de facer a
chuvia acto de presenza en dúas ocacións, esta non impediu que se
desenvolveran as visitas previstas nin minguou os ánimos. A antiga
escola de Redes acolleu aos excursionistas para o xantar e posterior
convivencia festiva.
O antigo lavadoiro de Betanzos, o parque do
pasatempo e a vila de Betanzos foron visitadas pola tarde para goce das
62 persoas que participaron activamente na excursión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario