mércores, 28 de novembro de 2012

Presentación de OU de Retrouso na Estrada


Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco. Retrouso é un grupo de música tradicional e popular nacido en 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande e leva realizado ducias de actuacións en festas, romaría, festivais e diversos eventos por todo o país. O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e recolle unha mostra de pezas tradicionais e de autor (Marcos Varela Couselo). O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes. Compoñentes: Noelia Bouzón: gaita Cesar Vicente: gaita Fon Chedas: gaita e acordeón Pablo Neiro: gaita e acordeón Oscar Durán: gaita Martín Varela: gaita Ines Bugallo: gaita e percusión Manuel Anxo Rey: gaita Manu Bouzón: gaita Miriam de Castro: gaita Marcos Varela: acordeón Xosé Martíns: percusión e saxo Manuel Bouzón: percusión Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada) Darío Balado: voz (Convidado)

Ningún comentario: