A actividade tivo unha estupenda resposta pois foron bastantes as persoas que se achegaron a pasar Unha noite no muíño no contorno da Fervenza de Ouzande. Foron recibidas, desde as dez da noite polos misterioros trasnos do monte, que penaban polas congostras cumprindo penitencia dos seus males.
Arrepiantes sons saídos da espesura do bosque arrincaban gritos estarrecedores dos participantes ata chegar ao Muiño da Fervenza onde foron dispoñendo todo o neceserario para unha cea en compañía. Ala pola media noite os misteriosos seres da fervenza foronse concentrando no Muiño, escoltados polos gaiteiros que se achegaron á festa. Alí fixeron un rito de esconxuro no que expiaron os seus "pecados"
Despois da cea e da conversa deu comezo a foliada na que participaron gaiteiros e gaiteiras dos grupos Retrouso e Milgrandeira.
Tamén se cumpriu, un ano máis, co rito do conxuro da queimada, que logos degustaron todos os festeiros.
Despois de horas de foliada, festa, baile e cancións a madrugada levou consigos a festeiros e trasnos, tan contentos ata a próxima noite do muíño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario