Como todos os anos no mes de agosto, A Fervenza de Ouzande celebrou UNHA
NOITE NO MUIÑO, no contorno dos muiños da Fervenza da parroquia. Unha
concorrida velada, onde as familias chegan coa súa cea, despois de
atravesar perto dun km polas congostras de acceso aos muiños, non sen
algún que outro sobresalto ou susto nocturno e comparten conversa,
música, cancións e bailes ata ben entrada a madrugada.
Foi o pasado sábado, 1 de agosto. Aí quedan as mellores imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario