OUTONO
NA FERVENZA DE OUZANDE
XUNTANZAS PARA TECER
Na Fervenza de Ouzande SEGUIMOS
TECENDO. Despois do curso celebrado o outono pasado, e das xuntanzas que as
participantes tiveron durante os meses seguintes, volvemos.
Tear, ganchillo, calceta. A
modalidade que a ti che guste máis. Trapillo, lan, o que queiras. O caso é
facelo en compañía e aprendendo unhas das outras. Compartindo o que sabemos,
compartindo contos e pasando o tempo xuntos e xuntas. Será todos os martes ás 8
da tarde no Local do Campo da Festa.
A reunión para comezar será o
próximo martes día 13 de outubro, ás 8 da tarde no Local do Campo da Festa.
Nesta reunión poñerémonos de acordo para organizarnos e comezar a tecer.
Pode participar quen queira,
homes, mulleres, mozos e mozas. A actividade é gratuíta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario