A HORTA NATURAL
Xornadas sobre coidados
naturais para a nosa horta
A asociación continúa coa súa programación de Outono
coa organización dunhas xornadas divulgativas arredor dos coidados ecolóxicos e
limpos da nosa horta.
Venres 20 de novembro ás 20:30 h.
PROTECCIÓN NATURAL DE
CULTIVOS
Charla coloquio con Alicia Rey, xerente da firma
estradense Biosolutio (Praza da Feira) e especialista e trataamentos naturais
con produtos biosanitarios.
Nesta horta falaranos de agricultura natural e o
emprego de produtos biosanitarios nos nosos cultivos. Tamén aprenderemos como
substituír o uso de produtos químicos, prexudiciais para a saúde, por métodos
naturais.
Esta actividade é gratuíta
e non precisa inscrición.
Sábado 21 de novembro de 17:30h a 19:30h
PLANTAS QUE CURAN PLANTAS e
OBRADOIRO DE XABÓN POTÁSICO
Charla-obradoiro con Montse Fernández, produtora
ecolóxica e propietaria da Tenda Bio Casa Xorxeira, sita na Praza de Abastos da
Estrada.
Nesta actividade aprenderemos a elaborar extractos de
plantas como remedio para eliminar pragas, enfermidades e fortalecer os nosos
cultivos.
Aproveitaremos os recursos naturais do noso contorno, recoñeceremos as plantas máis efectivas para tratar cada un dos problemas que puideran afectar á nosa horta. Ademais, elaboraremos xabón potásico elaborado a partir de cinza. Cada participante levará unha mostra do mesmo.
Aproveitaremos os recursos naturais do noso contorno, recoñeceremos as plantas máis efectivas para tratar cada un dos problemas que puideran afectar á nosa horta. Ademais, elaboraremos xabón potásico elaborado a partir de cinza. Cada participante levará unha mostra do mesmo.
Para esta actividade cómpre
inscribirse na Taberna de Ouzande (986570285). Os socios gratis e non socios 5
euros.
As actividades terán lugar no Local Social de Ouzande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario