Aí quedan algunhas imaxes do evento. Se queres ver máis, pica aquí: Fotos Xunta Xeral 17
INFORME DE ACTIVIDADES 2016
A FERVENZA DE OUZANDE
1. Implicación activa dos asociados:
-Alta porcentaxe de pagamento da cota anual.
-Novas altas de socios e socias.
-Participación nas actividades moi satisfactoria. Tanto na cantidade como na implicación nas mesmas.
2. Mantemento de número de iniciativas socioculturais, sobre a vintena.
3. Aumento considerable do número de persoas participantes nas actividades, tanto socias como non socias, chegando ás 1800 Participación moi considerable en actividades como, como a festa d´outono, Festa Aniversario, presentación do disco de Retrouso, Roteiro Teatral, etc.
4. Aposta pola continuidade de actividades relacionadas coa noso contorna e pola nosa relación co medio rural e co medio ambiente. Moi boa acollida tanto cuantitativa como cualitativa.
5. Celebración exitosa do 15º Aniversario da Asociación coa celebración dun Xantar-Festa no que participaron máis de 160 persoas. Destacou o gran ambiente de convivencia e alegría colectiva pola celebración.
6. Mantemento das actividades de aire libre, rutas e excursión, e celebración do ciclo festivo anual, antroido, lumeiro, magosto... Boa participación nas mesmas.
7. Potenciación das Clases de música e baile tradicional. Aumento das persoas inscritas. Aumento de socios. Participación do grupo de cancións Recanto en iniciativas de fóra da parroquia: A Estrada, S. André de Vea, Pontecesures, Guimarei... Consolidación de Retrouso como un referente na música tradicional da comarca. Presentación do 2º disco.
8. Colaboración con outras entidades da contorna., S, André de Vea, AV Santa Apolonia de Guimarei, Regatos, centros educativos. Destacamos a colaboración co grupo de teatro do IES Antón Losada no Roteiro teatral, que se celebrou por segundo ano consecutivo, con participación moi activa da Asociación e un gran éxito de público, chegado de diferentes lugares de Galicia.
9. Consolidación de outras formas de organización a través da posta en marcha, por segundo ano, das Xuntanzas para tecer en Ouzande, xurdidas a partir do Obradoiro de tear realizado no ano 2014. As propias participantes no mesmo puxeron en marcha estas xuntanzas para compartir non só coñecementos e experiencias sobre a materia, senón tamén para falar e compartir vivencias. Neste ano 2016 levaron adiante ademais un proxecto solidario, como foi a confección conxunta dunha manta que foi doada a ONG Implicadas no Desenvolvemento.
Realizáronse un total de 20 actividades nas que participaron unhas 1800 persoas.
Desde a súa fundación, a Asociación leva realizadas 299 iniciativas ou actividades.
ESTA XUNTA XERAL ANUAL ACADOU O NÚMERO DE 300 INICIATIVAS OU ACTIVIDADES REALIZADAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario