Dan
comezo as clases deste novo curso. Un ano máis, a Asociación ofrece a todas as
persoas interesadas as diferentes disciplinas destas clases que comezaron alá
polo ano 2002. Serán: Acordeón, gaita, percusión, pandeireta, baile e canto
tradicional.
As clases
darán comezo o próximo 30 de setembro, e terán lugar todos os sábados nos
horarios que se informan.
As
persoas interesadas poden solicitar información ou inscribirse no correo
electrónico da asociación: carreirosouzande@gmail.com,
na páxina do facebook A Fervenza de Ouzande ou no blog www.carreiros.blogspot.com.
Tamén se
poden inscribir asistindo no horario que se indica a partir do próximo sábado
30 de setembro.
TODOS OS
SÁBADOS
ACORDEÓN 10:30 a 11:30 Profesor:
Marcos Varela.
GAITA
(Iniciación) 11:30 a
12:45 Profesor:
Marcos Varela.
GAITA
(Perfeccionamento) 12:45 a 13:45 Profesor: Marcos Varela.
TAMBORIL
(Iniciación) 10:30 a
11:30 Profesor:
Xosé Martíns, Fofi
TAMBORIL
(Perfeccionamento) 11:30 a 12:30 Profesor:
Xosé Martíns, Fofi
PANDEIRETA (Iniciación) 17:30 a 19:00 Profesora: Silvia Martínez
PANDEIRETA
(Perfeccionamento) 18:30 a 20:00
Profesora:
Silvia Martínez
BAILE 20:30 a 22:00 Profesora:
Silvia Martínez
CANTO 22:00 a 23:00 Profesor: Marcos Varela. (Comezo o 7 de outubro)
Ningún comentario:
Publicar un comentario