SEGUIMOS TECENDO.
Por
terceiro ano consecutivo a Asociación leva adiante esta iniciativa, que
tivo as súas orixes nun curso de tear realizado en 2014.
No
curso 15-16 o curso reconverteuse, por iniciativa das participantes
nunhas XUNTANZAS PARA TECER, no que as participantes se reunían
semanalmente para tecer aprendendo unhas das outras.
Despois do éxito destas xuntanzas, convocamos a
todas as persoas interesadas a poñer de novo en marcha as XUNTANZAS
PARA TECER. Será o próximo luns día 9 de outubro, ás 8 da tarde no Local
do Campo da Festa de Ouzande.
Nesta primeira reunión poñerémonos de acordo para organizarnos e comezar a tecer. Tear,
ganchillo, calceta.... Pode escollerse calquera modalidade ou material,
como a la ou o trapillo. O caso é facelo en compañía e aprendendo unhas
das outras. Compartindo o que sabemos, compartindo contos e pasando o
tempo xuntos e xuntas.
As xuntanzas serán todos os luns ás 8 da tarde no Local do Campo da Festa.
Pode participar quen queira, homes, mulleres, mozos e mozas. A actividade é gratuíta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario